in

Comeza a XXXIV Mostra de Ribadavia con Commedia

commedia000 |

Hoxe inaugúrase oficialmente a XXXIV edición da Mostra Internacional de Teatro de RIbadavia, que terá como protagonistas principais a comedia músical e as linguaxes híbridas da escena contemporánea.

Ás 21:00 terá lugar a cerimonia de inauguración oficial e, a seguir, entregarase o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño”, que este ano recaeu nos escenógrafos Carlos Alonso e Suso Montero.

O prato forte da noite de hoxe consiste na estrea de Commedia, un xoguete para Goldoni, de Contraproducións. En 1.993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase este texto de Cándido Pazó, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego: máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, e repetindo no posible o mesmo equipo creativo, Contraproducións celebra aquela festa teatral.

 

Commedia, un xoguete para Goldoni


Publicidade

Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.

A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ́arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…

Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, da pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contiguo1 |

Oleiros acolle o II Festival de Artes Escénicas na Rúa esta fin de semana

lagioia |

La Gioia