A Fundación SGAE lanza a segunda edición de DanzaEñe, unha iniciativa que ten como obxectivo internacionalizar a danza contemporánea. A exposición celebrarase os días 22, 23 e 24 de novembro de 2018 no Centro Párraga de Murcia.
Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a:
- Todos os coreógrafos socios de SGAE.
- Compañías de danza contemporánea do Estado Español que, non tendo entre os seus integrantes ningún coreógrafo socio de SGAE, utilicen repertorio coreográfico rexistrado en SGAE no 100% das súas representacións. O máximo de integrantes da compañía debe de ser de 5 persoas.
Os obxectivos deste programa son: promover de forma directa a danza do Estado Español, incentivar a participación de compañías de danza en festivais, promover xiras internacionais para coreógrafos de SGAE e favorecer os encontros e o intercambio de experiencias e coñecemento entre profesionais do sector (coreógrafos, artistas, representantes, programadores, directores de festivais, etc.) do Estado Español e do resto de Europa.
Durante estes días, os coreógrafos e as compañías de danza contemporánea do Estado ofreceranlle representacións coreográficas, cunha duración máxima de 50 minutos, ao público asistente, do que formarán parte diferentes directores e programadores de festivais europeos interesados en coñecer a realidade da danza. Ademais, organizaranse encontros entre directores de festivais e programadores de danza europeos, convidados pola Fundación SGAE, e representantes de autores e compañías. Nesta edición colabora coa mostra o Instituto das Industrias Culturais e as Artes da Rexión de Murcia.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de setembro.