Co obxecto de incrementar a presenza de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego, o Concello de Santiago de Compostela convoca tres premios para obras escritas en galego nos xéneros de narrativa, poesía e teatro.
Os premios terán unha dotación de 2.000 euros cada un e concederanse a textos inéditos de narrativa, poesía ou teatro que teñan a cidade de Santiago de Compostela como marco da acción ou referencia fundamental da obra. Os premios implican a publicación das obras na colección SELIC que edita o Concello de Santiago, renunciando os autores/as a percibir dereitos de autoría por esta publicación.
As obras que opten aos premios deberán ter as seguintes extensións: narrativa entre 160.000 e 200.000 caracteres, poesía un mínimo de 150 versos e teatro entre 80 e 120 páxinas de 30 liñas cada unha. Os premios estarán suxeitos ás retencións fiscais que correspondan.
O prazo de presentación está aberto ata o 30 de setembro e o veredicto do xurado farase público no mes de decembro de 2018.
As bases pódense consultar aquí.