A AAAG (Asociación de Actrices e Actores  de Galicia) en colaboración co FETEGA (Festival de Teatro Galego do Carballiño) e co patrocinio da Fundación AISGE, organizan un taller de 6 horas facilitado polas creadoras Alba Blanco e María Roja, o día 18 de agosto.

 

Pedra (ou que)

Este laboratorio propón unha reflexión desde a práctica sobre os procesos de creación colectiva no eido da arte de acción, dirixido a creadorxs iniciadxs nas artes vivas

Papel (ou como)

Tomando como base a experiencia de Blanco&Roja en modos de traballo colaborativos tanto no deseño como no desenvolvemento do seu labor artístico, apuntarase cara o exercicio da performance desde o interese de compartir coas e cos participantes tódalas fases dun proceso de creación.

A sesión iniciaranse cun adestramento encamiñado a azuar o estado de alerta corporal e mental propio do xogo, dun estar concentrado e sensible ao contexto espazo-temporal e relacional externo. Traballarase despois de forma colectiva nunha serie de ferramentas que axuden a traducir as inquedanzas iniciais que activan o desexo de creación en formas concretas, á vez que se exercitarán os modos de lectura e análise conceptual destas como crítica construtiva ao facer propio.

Belisco (ou…)

A derradeira parte da sesión adicarase á posta en común dos beliscos que o traballo realizado deixou nos corpos participantes, para pasar a formalizalos como punto final.

Blanco&Roja

Blanco&Roja é un colectivo artístico formado por Alba Blanco (Vigo, 1981) e María Roja (Lugo, 1982).

Tralo seu paso pola Facultade de Belas Artes, derivan a súa formación cara o libro ilustrado e a creación escénica, respectivamente. A súa xuntanza xorde en 2014, cando volven coincidir no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da Universidade de Vigo e advirten a súa paixón común pola performance así como por unha similitude na forma de concibila. Dende entón compaxinan a creación persoal coa conxunta participando en diferentes mostras e eventos nacionais e internacionais e xerando ao redor dunha ducia de pezas que parten dunha proximidade co/coa espectador/a e dun gusto polo espazo público tentando reflexionar sobre o papel da muller dentro do eido da creación. O colectivo atópase tamén enrolado no desenvolvemento do proxecto SOPAPO, unha plataforma en rede para a difusión, creación e catalogación de material audiovisual vencellado coa performance.

Datas e duración: 18 de agosto, de 11.30h a 14.30h e de 17h a 20h. 6 horas

Lugar: Auditorio municipal do Carballiño.

Prazas e selección do alumnado: O obradoiro ten 20 prazas. A admisión no obradoiro farase mediante valoración por parte das docentes do CV e dunha carta de presentación que haberá que anexar á solicitude de inscrición.

 

As fichas de inscrición e a información completa poden descargarse aquí.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos