in

Vilagarcía acolle unha nova edición do Festiclown do 9 ao 14 de agosto

Kanbahiota LaCoquette |

Do 9 ao 14 de agosto Vilagarcía acolle unha nova edición do Festiclown cun cartel no que o humor se mestura co circo, a música e a maxia en diferentes espazos, prazas e rúas da vila. No ano no que o festival celebra “20 anos de risas rebeldes”, a acción social e a programación infantil combínanse co programa da Mostra Internacional, que este ano inclúe a compañías e creadores como Alberto San Juan, Cirk About It, Trapu Zaharra, Vol’e Temps, Amontonados por Azar, Passabarret ou Kanbahiota [na foto].

Ao longo de seis días, unha vintena de presentacións para todos os públicos -desde os espectáculos ás exposicións e accións “inclownsivas”- despregaranse en espazos como o Salón García, a Praza de Galicia, a Praza do Castro ou a Residencia Divina Pastora.

Previamente, para a fin de semana do 3 ao 5 de agosto, o festival ofrece un avance co seu “Festiclown nas parroquias” da man de Rudi e Dudi e Circo Chosco. Na Praza da Liberdade de Carril, Rudi Dudi presentará o seu Rastafarudi o venres 3 ás 20.30 horas e o sábado 4 de agosto visitará o Campo da Festa de Sobradelo a partir das 12.00 horas. Pola súa parte, o domingo 5 de agosto Circo Chosco presentará o seu Riscando O Ceo no Centro Cultural de O Sixto ás 12.30 horas e, a partir das 20.30 horas, na Praza Rafael Pazos de Vilaxoán.

O programa do Festiclown 2018

Xoves 9 de agosto:

  • 11.00 horas. Praza de Galicia. Pallas@s en Rebeldía (Acción na rúa cos nen@s do campamento de verán).
  • 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía.Trío Refugallo con Ritmo Refugallo.
  • 20.00 horas. Praza do Castro. Trapu Zaharra con Sefiní.
  • 21.30 horas. Praza de Galicia. Amontonados por Azar con H2Olga

Venres 10 de agosto:


Publicidade

  • 11.00 horas. Salón García. Asociación con Eles (animación inclownsiva).
  • 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. Pulpiño Viascón con Musicleta.
  • 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Culturactiva con Saaabor!
  • 20.00 horas. Praza do Castro. Culturactiva con Saaabor!
  • 21.30 horas na Praza de Galicia. Cirk About It con El Apartamento.

Sábado 11 de agosto:

  • 11.00 horas. Praza de Galicia. Exposición Inclownsiva (Arte e Risa)
  • 12.00 e ás 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. Catropés con Animacreques.
  • 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Dani García con Código.
  • 20. 00 horas. Praza do Castro. Dani García con Código.
  • 21.30 horas. Praza de Galicia. Vol’e Temps con Mundos de papel.

Domingo 12 de agosto:

  • 12.00 horas. Praza de Galicia. Gala Solidaria Familiar (con Isla Letriska, Pajarito, Amontonados por Azar, Komotedigorodrigo).
  • 20.00 horas. Praza do Castro. Mundomandarina con Mi abuelo es mago.
  • 21.30 horas. Praza de Galicia. Passabarret con Tandarica Circus.

Luns 13 de agosto:

  • 11.00 horas. Residencia Divina Pastora. Fran Rei con Historia de Brancaflor.
  • 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. La Bandita Alegre con El Gran Show de La Bandita Alegre.
  • 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Mundomandarina con Mi abuelo es mago.
  • 20.00 horas. Praza do Castro. Pablo Cool&Dimitry con Pablo Cool&Dimitry
  • 21.30 horas. Praza de Galicia. Kanbahiota con La Coquette.

Martes 14 de agosto:

  • 12.00 e 19.00 horas. Rúas de Vilagarcía. La Bandita Alegre con El Gran Show de La Bandita Alegre.
  • 13.00 horas. Rei Daviña con Baldosa. Pablo Cool con Inspector Muñoz.
  • 21.30 horas. Salón García. Alberto San Juan con Autorretrato de un joven capitalista español.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

BlancoRoja |

Laboratorio de Performance con Blanco & Roja no FETEGA do Carballiño

manuel maria |

A Casa-Museo Manuel María convoca o I Certame de Proxectos Teatrais