in , ,

‘Elisa e Marcela’, mellor espectáculo do FETEGA do Carballiño

Elisa e Marcela de A Panadaría

O Festival de Teatro Galego do Carballiño rematou onte coa entrega de premios outorgados polo xurado, composto este ano por Víctor Duplá, María Vázquez e Morris, nunha gala presentada por Laura Villaverde.

A Panadaría recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo por Elisa e Marcela, unha obra que acumula galardóns dende a súa estrea. As compoñentes de A Panadería –Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman– recibiron tamén, ex aequo o Premio á Mellor Intérpretación polo seu traballo neste espectáculo.

Ademais, A vida tola, de Pajarito, recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo de RúaNatalia Outeiro “Pajarito” é unha actriz, pallasa e directora galega con máis de 10 anos de experiencia sobre os escenarios, e unha ducia de espectáculos ás súas costas vinculados ás artes do Circo.


Publicidade

Como estaba previsto, o Premio de Honra “Dorotea Bárcena” foille entregado á Marta Pazos, directora de escena, actriz e escenógrafa da compañía Voadora, coa cal leva colleitados numerosos premios que a converten nunha das directoras máis recoñecidas nestes momentos.

O FETEGA rematou así unha edición máis curta do habitual xa que, ao non contar co apoio da Agadic, tivo que reducir a súa duración de cinco a tres días.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

grand 2151219 1280 |

Concedidas as axudas á distribución de espectáculos da Agadic

NuriaSotelo |

Artes escénicas na terceira edición do Festival 85C de Vigo