in

A Panadaría, Mofa & Befa e Desincronacidas, no Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia

FITCM2018 |

Do 5 ao 14 de outubro desenvólvese a XXIII edición do Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia. Ao longo de dez días, o Fórum da Maia ofrece un amplo abano de espectáculos de sala e de animación de rúa da man de vintecinco compañías europeas entre as que se atopan as galegas A Panadaría, Mofa & Befa e Desincronacidas.

O día 5 de outubro a compañía Vol’e Temps será a encargada de inaugurar o programa co espectáculo Mundos de papel, unha historia “perturbadoramente divertida” que combina técnicas de circo e teatro con humor e espontaneidade. A continuación, os portugueses Nova Companhia serán os encargados de subir a escena do Grande Auditório con Kiki, unha peza que bebe do vaudeville e inspirada na vida de Kiki de Montparnasse.

O día 6 será o tempo para o espectáculo de circo T’emmele pas, no que a francesa Cie Du Fil a Retordre mestura a danza, o teatro, a mímica e a música dun xeito clownesco e pouco convencional. Ao remate, a xornada continúa coa animación de rúa da man de Marimbondo con Clérikus; os Clásicos Cómicos de Teatro Corsario e Tia Graça – Toda gente devia ter uma, de Orfeu AC.

O día 7 Mr. Bang/Teatro della Caduta abrirá a terceira xornada do Festival con Eccentric clownerie show no exterior do Fórum da Maia. A continuación, a Cie. Fil a Retordre tomará o relevo con Un monde un peu meilleur antes da presentación en sala do espectáculo musical Clown in libertá, da compañía italiana Teatro Necessário.

O día 8 comezará con unha nova proposta do terrorista do riso Mr. Bang con Mago B para dar paso ao espectáculo O último bufón, de Leo Bassi.

O día 9 o espectáculo Tomatas me da portuguesa Eva Ribeiro no exterior do Fórum da Maia dará paso a Cranios privilexiados…ou crítica da razón perralleira de Mofa & Befa no Grande Auditório do Fórum da Maia ás 21.30 horas.


Publicidade

O día 10 Nuvem Voadora protagonizará o tempo de animación de rúa con Talvez para continuar a programación coa comedia musical Elisa e Marcela, de A Panadaría, que regresa a Maia despois de presentar Panamericana en 2016.

O día 11 os portugueses Trio Giro serán os encargados de abrir a xornada no exterior do Fórum da Maia coa animación de rúa Discos perdidos para continuar con Apareceu a Margarida, da man da compañía portuguesa Baal 17.

O día 12 o Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia reserva un un programa triple cos traballos Il tuffo, do italiano Matteo Cifariello; Mythos, dos almadenses Teatro Extremo e O king vai nu da tamén portuguesa Umbigo Companhia de Teatro.

O día 13 será o tempo para a compañía Marimbondo e o seu Ekilibuá, seguido da animación de rúa de Seistopeia con Soul Trio. A continuación, A clown fairytale de Dandy Danno & Diva G. ofrecerá no Grande Auditório unha comedia visual que achega a historia da elegante estrela de cabaret Diva G e o divertido e sen xeito Dandy Danno. A xornada rematará coa proposta de narración oral E vai ser tão bom, não foi?, da man de Ana Lage no Centr’Arte Café-Teatro.

O día 14 as galegas Desincronacidas serán as encargadas de abrir a última xornada do festival con Oh!limpiadas ás 16.00 hora seguidas da animación de rúa de Marimbondo con Sem medo. Finalmente, Producciones Yllana será a encargada de pechar o pano desta nova entrega do festival con Gag movie.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

esad galicia recortes |

A ESAD de Galicia denuncia os recortes da Consellería de Educación

Cincomulleres |

Vilagarcía programa cinco obras no último cuadrimestre do ano