in

Charla de João Pedro Mamede na ESAD

JoaoPedroMamede |

Mañá, 5 de outubro, ás 16:00, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e en colaboración co Instituto Camões, terá lugar unha conferencia de João Pedro Mamede, actor e director portugués que charlará co alumnado da escola sobre o traballo de actor.

“Entre proxectos” é unha expresión comunmente usada para designar o período en que un actor está sen traballo ou decidiu “comprar” unhas vacacións. É a expresión coa que normalmente se responde á pregunta “Que andas a facer agora?”, moi frecuente no medio social, para evitar ter que contestar “nada”. Partindo do seu percursp polo teatro, Mamede propón unha reflexión sobre o traballo do actor na actualidade e sobre a súa reinvención no mundo do “entre”, do “nada” e do “traballo”.


Publicidade

Mamede naceu en Almada e alí comezou a súa formación no proxecto Cena Múltipla, orientado por Francis Seleck, Pedro D’Orey e Catarina Pé-Curto. É diplomado en Teatro pola ESTC. Debutou en marzo de 2011 co monólogo A 20 de novembro, de Lars Nóren, dirixido por Francis Seleck. Traballa con Artistas Unidos dende 2013 en textos de Büchner, Antonio Tarantino, Simon Stephens, Jorge Silva Melo, Harold Pinter, David Greig, Tennessee Williams, Marguerite Duras, Raul Brandão e Dimitris Dimitriadis, entre outros. En 2017 dirixe A estupidez de Rafael Spregelburd con Artistas Unidos e, en 2018, Sweet Home Europa, de Davide Carnevali no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa. Fundou a compañía Os Possesos, onde crea os espectáculos Rapsodia Batman (2014), II – A mentira (2015), Marcha invencível (2017) e O Novo Mundo (2018). En cinema, traballa con Ivo M. Ferreira, Jorge Silva Melo, Márcio Laranjeira, Miguel Nunes, Pedro Cabeleira e Tiago Guedes.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

esad galicia recortes |

As Artes Escénicas galegas queremos ser universitarias, por Sandra Núñez Figueroa

Celebracion |

Celebración (A gran noite)