Hoxe comeza o IX Festival de Teatro – Entreculturas no que participarán grupos e compañías de teatro amador galegos. O Auditorio Municipal de Verín acollerá, durante os meses de outubro e novembro, as representacións do encontr.
O festival, que nesta edición fai unha clara aposta polos grupos de teatro ourensáns, está organizado pola asociación La Caja de Pandora, en colaboración do Concello de Verín. As seis funcións programadas no marco do IX Festival de Teatro Entreculturas comezarán ás 20:30 horas.
Para acceder a cada unha das representacións teatrais será necesario realizar unha achega de 5 euros que a asociación sen ánimo de lucro destinará a sufragar o aloxamento e a manutención dos actores que participan no festival. Como novidade nesta edición, a organización ofrece a posibilidade de adquirir un “bono- teatro” para todas as representacións por unha achega de 25 euros.
Programa
- 6 de outubro: Aproximación á muller nociva. Oreteiro Teatrero. (Ourense).
- 12 de outubro: Historia de una escalera. A Tecedora de Soños (Verín)
- 13 de outubro: Falando de cartos. Xaime Prada. (Vilamartín de Valdeorras)
- 20 de outubro: Tarde de monólogos. A Tecedora de Soños. (Verín)
- 27 de outubro: M & M e a estraña familia. As Silvardeiras. (Allariz)
- 3 de novembro: Loucos de atar. La Caja de Pandora (Verín).