in

A AAAG analizará a distribución teatral e a creación de públicos nun debate público

EscaramuzaOct |
A nova cita deste ciclo de debates celebrarase, o vindeiro martes 23 de outubro ás 20.00 horas na Lasso-Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago e centrarase na distribución teatral baixo o título ‘Enredados na distribución’

 

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebra o vindeiro martes 23 de setembro ás 20.00 horas unha nova sesión das súas Escaramuzas artísticas, unha serie de encontros de debate de periodicidade mensual en que reputadas voces especializadas nos sectores do audiovisual e da escena intercambiarán os seus puntos de vista ao respecto de diferentes temas que atinxan as profesións destas disciplinas. As Escaramuzas artísticas, que contan co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), buscan ir máis aló dos tradicionais coloquios, rompendo as habituais distancias das mesas redondas e achegando un ambiente distendido e participativo. Estes encontros están destinados tanto aos/ás profesionais do sector coma ao público xeral.


Publicidade

Esta cuarta sesión, celebrarase ás 20.00 horas na Lasso-Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago (Avenida Burgo das Nación, s/n) e centrarase na distribución teatral, nas redes de exhibición institucional, na xestión das salas privadas e da creación de públicos. Todo baixo o título ‘Enredados na distribución teatral’. O crítico e xornalista Manuel Xestoso, subdirector da Erregueté, moderará o encontro, no que participarán Pedro Fresneda, director da Sala Ensalle de Vigo; Marián Bañobre, actriz e membro da compañía Ibuprofeno Teatro; Mercedes Castro, actriz e produtora de Emedous, e Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DuasDonasQueBailan |

Teatro do Atlántico estrea ‘Dúas donas que bailan’ en Narón

MaginBlancoGhazafellos |

Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos estrean ‘A nena e o grilo máis aló’ en Narón