in , ,

O Fiot acolle a Manuel Lourenzo como novo Xograr de Outono

ManLourezo |

Este domingo día 21 de outubro, ás oito e media da tarde, no Pazo da Cultura de Carballo, o dramaturgo Manuel Lourenzo será galardoado co Xograr de Outono 2018 na XXVII edición do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo). Con este premio, o FIOT quere recoñecer a un dos principais referentes do teatro en Galicia: dramaturgo, director, actor, promotor teatral, formador de moitas xeracións de actores…

A distinción que recibirá Manuel Lourenzo foi consensuada polos anteriores Xograres de Ourtono e pola Asociación Cultural Telón e Aparte.

Manuel Lourenzo demostrou un especial agarimo a Carballo onde realizou representacións de teatro galego coas súas diferentes compañías. Tamén, no ano 2014, entregou á Biblioteca Municipal Rego da Balsa unha colección de libros sobre teatro. E este ano cedía ao Concello de Carballo cinco escenografías de Xoán Manuel Eirís, tal como anunciou na inauguración da exposición bibliográfica do escenógrafo carballés.

 

Longa e destacada traxectoria


Publicidade

Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut do Teatre de Barcelona, comezou o seu andadura no mundo profesional do teatro nos anos 60, coa vontade de impulsar un teatro galego propio, enraizado na nosa cultura. Xogou un papel fundamental no impulso das artes escénicas en Galicia, fundando compañías, escolas e proxectos teatrais trascendentales para nosas artes escénicas, como o Grupo de Teatro O Facho, creado na Coruña xunto con Francisco Pillado; o Grupo de Teatro Circo cun percorrido que desembocará na fundación da Escola Dramática Galega, a Compañía Teatral Luís Seoane, o Clube de Teatro Elsinor ou a escola, revista e actual compañía, Casahamlet, a cal rexenta desde 1998 xunto con Santiago Fernández. A súa vocación educadora converteuno en mestre de moitas xeracións de actores e actrices.

Lourenzo escribiu preto de dous centenares de obras dramáticas breves e sesenta están publicada, tamén é tradutor, novelista e ensaísta. Lourenzo triunfou como actor de teatro en numerosas producións da súa compañía e, é moi valorado no sector audiovisual, no que destacou coa interpretación de míticos personaxes da televisión como Melgacho en Mareas Vivas (1998), ou máis recientemente Terito en Fariña .

En anteriores edicións foron merecedores do nomeamento de Xograr de Outono: Roberto Vidal Bolaño, Artur Trillo, Celso Parada, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval, Dorotea Bárcena, Cándido Pazó, Paula Carballeira, Marcelino de Santiago “Kukas”, Alberto Gende, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Susana Dans, Miguel de Lira e Mónica Camaño..

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

SalonTeatroProg2018 |

As coproducións do CDG e o teatro infantil protagonizan a oferta do Salón Teatro

CinemaSticadoFinTemp |

Cinema Sticado estrea ‘STRPTS Fin de tempada’ en Cangas