in

Cinema Sticado estrea ‘STRPTS Fin de tempada’ en Cangas

CinemaSticadoFinTemp |

Hoxe sábado, ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas, Cinema Sticado estrea a súa nova produción: STRPTS Fin de tempada, o polo de agora último episodio da serie STRPTS.

STRPTS (lése estriptis) é unha historia de intriga por episodios creada en vivo e en directo sobre o escenario e retransmitida audiovisualmente ‘in situ’ en tempo real nunha gran pantalla. O colectivo Cinema Sticado trae a escena un universo en miniatura feito de cartón reciclado para contar cunha estética particular unha historia tinguida de misterio, sexo, corrupción, asasinatos e persecucións.

O público ve nunha gran pantalla a proxección desa historia como unha película, mais tamén poderá ver o seu ‘making off’ en directo: como os actores-manipuladores interveñen movendo personaxes e obxectos nese mundo en miniatura ao mesmo tempo que o filman con cámaras e proxectan esa filmación en directo na pantalla; como xeran sons para crear a atmósfera sonora, ou como empregan a palabra para dar voz aos personaxes.

Cinema Sticado non emprega ningún tipo de material audiovisual pregravado e tanto a imaxen filmada coma os sons e voces son xeneradas e procesadas en tempo real por ferramentas dixitais controladas polos propios actores antes de seren proxectadas. Esta edición en tempo real combinada coa creación en vivo -ámbalas dúas irrepetibles pois non están exentas de certas dosis de aleatoriedade, tanto en sí mesmas coma nas súas interaccións- xeran unha experiencia presencial única no espectador.

Termos como live-cinema, poesía visual, monicreques, animación en vivo, teatro de sombras ou camera-live axudan a definir o plantexamento escénico desta serie, un plantexamento onde a narrativa comparte foco de atención coa propia creación en vivo sen esconder a importancia do dispositivo técnico como factor catalizador da propia experiencia, e cuxo fin último é facer unha particular exploración do mundo contemporáneo e a súa evolución así como da natureza do ser humano, os medios e a linguaxe.

 


Publicidade

Sinopse

Dous frikis humanos teñen a misión de facer unha película, unha selva está a piques de desaparecer, dous fuxitivos agardan nunha casa illada, un Ministro e o seu fillo ambicionan o poder, e no medio de todos eles…. un maletín.

O Colectivo Cinema Stcado continúa a xogar coa súa cacharrada analóxico-dixital para componer con intriga, humor e maxia unha aventura que xira en torno á manipulación e na que calquera parecido coa realidade é plenamente intencionado. Ou non.

 

Ficha

Creación: Xosel Díez & Helena Varela.
Dirección: Xosel Díez.
Intérpretes – manipuladores: Xosel Díez & Helena Varela.
Texto: Julio Fer & Xosel Díez.
Asesoramento dramatúrxico: Noemi Rodríguez.
Debuxos: Xabi Varela.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ManLourezo |

O Fiot acolle a Manuel Lourenzo como novo Xograr de Outono

PremiBorn2018 1 |

Ruth Gutiérrez Álvarez gaña o Premi Born de Teatre 2018 con ‘Los amantes sobrehumanos’