in

Alentía, nos “Venres de Teatro” da Libraría Pedreira

VenresTeatro |

O vindeiro venres 16 de novembro, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela continúa co seu proxecto “Venres de Teatro”.

Nesta ocasión serán os compoñentes de Alentía Teatro, Óscar Varela Casal e Afonso García Penas, os convidados a representar Manancial de Fantasía, un espectáculo que presenta varias historias vivenciadas por aprendices de pallasos que percorren o universo dos contos e defenden a lectura como ferramenta que fomenta valores como a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, a cooperación, o compromiso e a cultura da paz.

Trátase dun espectáculo que desborda optimismo e esperanza nun futuro mellor para a humanidade, onde se aspira a que eses valores sexan unha realidade canto antes. Permítenos, ademais, tocar ese soño cos dedos e establece unha defensa das relacións baseadas na tolerancia e a solidariedade; aspira a armar á poboación coa capacidade de diálogo e de entendemento; propugna un modelo de xustiza e igualdade de oportunidades para todos e todas. 


Publicidade

Os “Venres de Teatro” son un proxecto impulsado pola Libraría Pedreira no que colabora con artistas de diversa índole da literatura e das artes escénicas, con representacións e lecturas dramatizadas, co fin de ofrecerlles un pequeno espazo onde poidan amosar as súas propostas.

.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

InBetween |

Mikel Aristegui estrea en Ourense o seu primeiro espectáculo producido en Galicia

JOSEPRIETO |

O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas remata con ‘Culpable’, de Jose Prieto