in

Redrum leva ao escenario os relatos do maltratro do libro ‘Invisibles’

invisibles1 |
A estrea deste espectáculo protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez terá lugar este xoves 15 ás 21:00 no Teatro Principal de Pontevedra .

 

Entre as diferentes actividades que o Concello de Pontevedra levará a cabo dentro da campaña do 25-N, ocupa un lugar destacado a estrea de Invisibles. Un proxecto que viu primeiro a luz co libro da xornalista Montse Fajardo e chega agora aos escenarios da man de Redrum Teatro.

Sete testemuñas reais de maltrato ás que dan vida tres actrices: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodriguez. Tres xeracións de mulleres que amosan que non hai unha idade nin un perfil “Calquera poder ser unha vítima e tamén a heroína unha vez que sae”, sinalou a directora Marián Bañobre na presentación da mesma. Outro do aspectos que destacou foi o traballo de dramaturxia sobre o libro, “conseguir integrar os sete relatos, aínda que non foi fácil. Fálase de feitos moi universais que se repiten. O espectáculo ten valor en si mesmo non só polo que se conta, senón como espectáculo teatral onde atopamos drama, traxedia, ironía e incluso humor, necesario para que o público sexa quen de afrontar a brutalidade dos relatos”.


Publicidade

A actriz Sheyla Fariña foi a impulsora de que o libro chegara aos escenarios, xa que logo de lelo, pensou que non podía quedar niso e agradeceu enormemente a colaboración de Montse, Carme, Marián e Redrum para que o proxecto chegara a ser unha realidade: “Pónseme a pel de galiña pensando que isto vai pasar. É un espectáculo valente que quere frear a invisibilidade en todos os aspectos, tamén da base do maltrato que a veces non recoñemos como tal.”

O espectáculo contará cun pase matinal ás 11:30 horas concertado con centros escolares de Secundaria e Bacharelato que completou o súa capacidade, igual que o fixo o pase para público en xeral, para o que non hai entradas hai días.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AvelinaPaula |

AveLina Pérez e Paula Carballeira gañan os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María

telontui |

O Teatro Principal de Tui xa é propiedade municipal