A compañía Higiénico Papel Teatro resultou gañadora do II Premio Nel Amaro de Teatro Profesional en asturiano e galego-asturiano, que concede o Principado e está dotado con 6.000 euros, pola súa adaptación do clásico ‘Hansel e Gretel’, dirixida por Laura Iglesia.
Entre as catro obras finalistas, que se representaron ao longo do mes de novembro no Teatro Filarmónica de Ovieu, o xurado elixiu esta pola «sensibilidade, humor e enxeño» dun «sinxelo e brillante xogo metateatral, todo cun gran coidado lingüístico».
O premio e o festival levan o nome de Nel Amaro, autor turonés falecido en 2011 e que a finais da década de 1970 abriu o camiño para a vangarda teatral en Asturiano. Os seus traballos inclúen Xénesis o alborá de la concencia (1978), Glayíos nueos, vieya murnia (1979), L’únicu rebalbu (1980) e Antígona, por exemplu, que gañou o premio de teatro da Academia de la Llingua Asturiana en 1991. Les manes en caxón (2003) foi a súa última publicación teatral.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



