in

O Pontegal abre o prazo de inscrición para 2019

TeatroPrincipalPontevedra |

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o “Pontegal” 2019. A través deste programa serán retribuídos os grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2019 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra coas contías establecidas para este fin.

Poderán solicitar a inclusión no “Pontegal” as bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outras, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas.


Publicidade

O prazo de inclusión xa está aberto e remata o 18 de xaneiro de 2019. As bases pódense consultar aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ManuLagoOutono |

Morre Manu Lago García, referente do circo galego

AlessadroSciarroniChroma |

Escenas do Cambio volve a Compostela en febreiro