in

Morre Manu Lago García, referente do circo galego

ManuLagoOutono |

Manu Lago García, “Manu Malabaranda”, clown e malabarista, artista, compoñente de Pista Catro, faleceu hoxe despois dunha longa loita coa enfermidade.

Manu Lago era malabarista, clown e músico. Licenciado en Circo pola escola Circus Space de Londres e formado en teatro pola escola Espacio Aberto, tiña, ademais, unha permanente arela de mellora que o levou a estudar con numerosos e recoñecidos profesionais como Álex Navarro, Eric de Bont, Mick Barnfather, Sean Gandini ou Luke Wilson. Fundou a compañía Malabaranda para logo converterse nun dos socios fundadores de Pistacatro, compañía coa que se fixo célebre con espectáculos como Kamikaze, Purgatorio, Desperta! A súa carreira levouno a xirar frecuentemente por Galicia, España, Portugal, Gran Bretaña, Francia ou Holanda.

Outono, o último espectáculo no que participou activamente, era unha homenaxe poética aos pallasos clásicos que, dalgunha maneira, tamén se converteu nunha homenaxe ao desaparecido Lago.


Publicidade

Manu Lago era un dos artistas de circo máis capaces de Galicia, onde era considerado por todxs xs compañeirxs coma un referente, tanto pola súa habelencia como malabarista como pola súa mordacidade como pallaso para adultos e a súa tenrura cando actuaba para cativos e cativas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

IriaPinheiro©OlaiaSendon |

Compostela e Teo amosan os espectáculos sementados na “berberecheira” de Chévere

TeatroPrincipalPontevedra |

O Pontegal abre o prazo de inscrición para 2019