in

Josef Nadj no TSNJ do Porto

NadjMnemosyne |

O coreógrafo e artista plástico de orixe húngara Josef Nadj presenta no Porto unha obra con vocación de arte total. En Mnémosyne, o díptico co que regresa aos escenarios do Teatro Nacional São João –unha exposición fotográfica e unha performance escénica–, Nadj tenta ligar diferentes disciplinas artísticas.

Con Mnémosyne, Josef Nadj cruza a arte da imaxe con as artes escénicas, propondo un diálogo de miradas. Despois dos tableaux vivants de Les Corbeaux (2011), son as ras os modelos simbólicos que ocupan o lugar dos corvos. Foi a visión dunha ra, seca e esmagada, a que lle devolveu ao artista intensas memorias de infancia e da mocidade. Nas cerca de cen fotografías que compoñen a exposición, son as ras-marionetas as que Nadj pon en escena noutras tantas narrativas domésticas, heroicas e tráxicas.

Esta constelación de imaxes condúcenos a unha caixa negra, camera obscura e exiguo palco, onde Nadj se entrega a unha performance breve e íntima, na vea de Beckett. Tributo persoal ao Atlas de Aby Warburg, Mnémosyne cuestiona as nosas memorias e os tempos e as herdanzas desta nosa Europa.


Publicidade

Mnémosyne, a performance, presentada por primeira vez na Biennale de la Danse de Lyon 2018, estará en escena no Teatro Carlos Alberto do Porto dende hoxe ata o 20 de xaneiro. A exposición, situada no Mosteiro de São Bento da Vitória, continuará ata o 25 de xaneiro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

VoadoraVinemosDaloTodo |

Voadora estrea ‘Viñemos dalo todo’ en Rianxo

Plastic |

Vinte e catro espectáculos na programación do Concello de Vigo