in

Voadora estrea ‘Viñemos dalo todo’ en Rianxo

VoadoraVinemosDaloTodo |

A compañía Voadora comeza o ano coa estrea do seu novo espectáculo Viñemos dalo todo. O vindeiro 24 de xaneiro o Auditorio Municipal de Rianxo acolle a estrea desta nova obra, que se desenvolveu dentro do programa de Residencias Teatrais que o Concello de Santiago ofrece na Sala Agustín Magán.

Viñemos dalo todo xorde despois de que a compañía impartise o laboratorio “Hemos venido a darlo todo” na Vª Muestra de Creación escénica – Surge Madrid, un obradoiro no que reflexionaban sobre como conxugar a individualidade e a pertenza a unha masa, as modas, as correntes, os egos e a necesidade de ser únicos dende a creación.

Dende Voadora definen o espectáculo como “o noso manifesto, o noso manual e o noso pacto coa experiencia escénica desde o brillo de tódolos seus elementos: o movemento, a música e as imaxes. Un compromiso co teatro que se sente, máis que co que se pensa, para o que precisamos de todos vatios, todo o talento e toda a imaxinación do mundo”.

Publicidade

Como é habitual, Marta Pazos asume a dirección sobre unha dramaturxia de Fernando Epelde. A interpretación corre a cargo de José Díaz, Hugo Torres e Marta Pazos. A música, elemento sempre esencial nas obras da compañía, é de José Díaz e Hugo Torres.

A obra permanecerá en Rianxo os días 28 e 29 para logo ir ao Teatro Principal de Santiago dende o 31 de xaneiro ata 2 de febreiro. Xa en marzo, Viñemos dalo todo acudirá ao LAVA (Laboratorio de las Artes de Valladolid).

 

Ficha

Dirección: Marta Pazos
Dramaturxia: Fernando Epelde
Música: José Díaz & Hugo Torres
Iluminación: Nuno Meira
Escenografía: Carmen Triñanes
Vestiario: Fany Bello
Axudante de dirección: Carmen Triñanes
Asistencia de Produción: Liza G. Suárez
Produtor: Jose Díaz
Foto: Estrella Melero, Pablo Zapata

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

leituga2 |

A Panadaría e Eme2 estarán en MADferia 2019

NadjMnemosyne |

Josef Nadj no TSNJ do Porto