in

‘Rojo estándar’ de La Nördika, inaugura os Domingos do Principal de Pontevedra

NordikaRojo |

A compañía andaluza de circo e danza La Nördika inaugura o ciclo Domingos do Principal este domingo con pase dobre, ás 12:00 e ás 18:30, do seu espectáculo Rojo Estándar.

Gañador do Premio Fetén 2018 ao mellor espectáculo de rúa, este será a primeira de 6 propostas que inclúen danza, circo, teatro de actor, de sombras, de máscaras, etc. e están entre o mellor da península en artes escénicas para público familiar.

Rematada xa a venda de abonos para todo o ciclo, as entradas para este espectáculo están á venda anticipadamente en Ataquilla.com e de non esgotarse, dúas horas antes do inicio de cada pase. O prezo de 4€ + gastos é único e todos/as os expectadores deben ter entrada independentemente da súa idade.


Publicidade

“Rojo estándar‟ é unha obra recomendada a partir de 3 anos, totalmente circular, exposta para que o espectador se sitúe a 360º, como o amor, a vida, que nos fai virar, e a través do movemento viaxaremos polas emocións, encontros e desencontros: “Dous seres opostos atópanse nunha escena bañada polo surrealismo, onde as cores marcan o seu ritmo, e na que o amor, guiado polo circo e a danza, é peza crave durante todo o espectáculo.”

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

EmpapeladoAmarelo02 |

Tito Asorey e Melania Cruz estrean ‘O empapelado amarelo’ en Ourense

Patapatum |

O Fórum Metropolitano da Coruña estrea as tempadas de artes escénicas en pequeno formato