A partir de hoxe, 7 de febreiro, a 9ª edición de GUIdance -Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães – ensínanos as oportunidades e as posibilidades ilimitadas que ofrece a creación. Os once espectáculos do programa, incluíndo seis estreas absolutas, repártense por distintos espazos da cidade de Guimarães ata o vindeiro 17 de febreiro: Centro Cultural Vila Flor, Centro Internacional das Artes José de Guimarães e Fábrica ASA.
| Foto: Joana Linda |
Hoxe, 7 de febreiro, o drama chega ao Centro Cultural Vila Flor (CCVF) para estrearse da man de Víctor Hugo Pontes, que prolonga, nesta nova creación, o traballo de laboratorio de procura dunha nova linguaxe artística, situada algures entre a palabra e o movemento. Despois de Se Alguma Vez Precisares da Minha Vida, Vem e Toma-a, a partir de A Gaivota de Chekhov (que xa se puido ver en estrea absoluta no GUIdance de 2016), desta vez o punto de partida é a peza seminal de Luigi Pirandello Seis personaxes á procura dun autor. Esta nova coreografía do creador vimaranense chega ás 21:30 ao palco do Grande Auditorio do Centro Cultural Vila Flor.
O segundo día do festival resulta dun desafío lanzado polo Guidance á banda Mão Morta e a coreógrafa Inés Jacques para, en conxunto, desenvolver un proxecto inédito. Deste xeito, un grupo de seis músicos e un grupo de seis bailarínes únense para presentar unha deconstrucción do espectáculo de música e danza: No Fim Era o Frio. A banda – neste caso os Mão Morta, formación mítica do rock portugués – crea o escenario onde deambulan os corpos, en movementos imaxinados por Inês Jacques. Con música orixinal de Miguel Pedro e António Rafael e narrativa de Adolfo Luxúria Canibal, No Fim Era o Frio represéntase o 8 de febreiro ás 21:30 na Black Box da Fábrica ASA.
O primeiro sábado do GUIdance, o día 9, a danza ten 3 vidas, con pasaxes polo Pequeno Auditorio do CCVF (11:00 e 15:00), Black Box do Centro Internacional das Artes José de Guimarães (18:30) e gran Auditorio do CCVF (21:30). O día comeza a sorrir para os máis novos con Um Ponto que Dança, espectáculo-obradoiro de Sara Anjo a partir do libro do mesmo nome da artista, que se desenvolve en dúas partes: unha lectura dramatizada da obra e un conxunto de exercicios centrados na idea de un punto que danza para crianzas e familias.
A danza desprázase logo ao CIAJG coa estrea absoluta de anesthetize. Hai unha asociación pouco obvia entre as ideas de anestesia e movemento, mais é a partir desa aparente contradición que a prolífica criadora Maurícia Neves (coreógrafa e performer, e tamén autora de instalacións e música) fixo nacer anesthetize, peza para tres corpos femininos coa cal se estrea no GUIdance.
Os últimos pasos deste día serán dados no escenario maior do CCVF pola compañía Wang Ramirez. Autores dunha linguaxe que cruza hip-hop, ballet e movementos de artes marciais, o dúo Honji Wang e Sébastien Ramirez construíu, desde 2010, unha sólida carreira que os levou a algúns dos principais centros de danza mundiais. A compañía estréase en Portugal con Everyness, peza que trae a escena o tema das relación humanas, sexa a amizade ou o amor romántico.