in

A nova produción do CDG contará cun elenco integramente feminino

CDG AGADIC
Fotografía do CDG
Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron seleccionadas no proceso aberto pola compañía pública.

 

O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa única produción propia deste ano, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que lle darán forma ao espectáculo: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.

As dez superaron un proceso de selección ao que se presentaron medio cento de aspirantes e conforman un elenco moi variado en canto á formación e á traxectoria das súas integrantes en ámbitos como o teatro, as artes do movemento ou o audiovisual. O vindeiro luns iniciarán os ensaios xunto a Gena Baamonde e o resto do equipo artístico, tamén maioritariamente feminino.


Publicidade

Así, xunto ao persoal técnico do CDG, participarán nesta nova produción Marta Pazos, a cargo do deseño da escenografía; Saturna, do vestiario; Esther Quintas, da caracterización; Wilma Moutinho, da iluminación; Ailén Kendelman, da música e do adestramento vogal; María Cabeza de Vaca, da coreografía e do adestramento físico; e Rosa Moledo, da asesoría lingüística. Contarase, ademais, con Iria Azevedo como asistente de dirección; Carmen Triñanes, de escenografía; María Alonso Velázquez, de música e adestramento vogal, e Hugo Torres, de produción.

O común denominador dos dous textos de Neorretranca e posmorriña é a identidade galega, sobre a que ofrecen dúas olladas diferentes a modo de colaxe. En palabras da súa directora, Sinfonía en sol maior ou non preséntase como unha “fantasía aberta ao xogo escénico, catálogo-secuencia de múltiples imaxes dunha terra por facer”, mentres que Boisaca ou a divina desgraza é “humor negro en cemiterio turístico nun tour completo polos límites da vida”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CARTEL XXIIIFrag |

David Rubín asina o cartel dos XXIII Premios de Teatro María Casares

theatre 2535552 1280 |

Convocatoria para a XII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2019