Este xoves 14 de febreiro, no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:30, a compañía Licenciada Sotelo estrea o seu ultimo traballo, A Gala.
A Gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación a figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo este ao mesmo tempo o artellador da peza.
Trátase dunha peza que xira ao redor do traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar o fío condutor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do pais que as acolle). Na dramaturxia, Maruja Mallo ten por fin un lugar próximo, o que lle corresponde, a primeira liña en canto difusión da sua obra e o recoñecemento histórico que lle pertence.
Ao mesmo tempo, e seguindo a figura da pintora, a peza fai unha critica ás nosas propias figuras reivindicativas. Unha crítica á actual sociedade durmida na que a acción se revela como última opción.
Nuria Sotelo
Ligada á danza desde a súa infancia a través do ballet clásico, a partir do año 1999, no transcurso dos seus estudos de veterinaria, continúa coa súa formación en danza contemporánea e teatro dentro das Aulas de danza e Teatro das Universidades de Santiago de Compostela e Ourense e en diversos workshops organizados pola Sala Galán, o Centro Coreográfico Galego ou o Teatro Ensalle.
Como intérprete participa en creacións de compañías de danza e de teatro como Lerchas (2007), Varadas (2008) e Cabarencrise (2009) de Femme Fatale; A ollada nas mans (2009), Xogando coa Arte (2010) e Lo que callo (2011), de Experimentadanza; In (2009) de Elefante Elegante; Galicia Canibal (2012) de Antón Reixa; ou Staying Alive (2013) de Matarile Teatro, entre outras.
A compañía Licenciada Sotelo aparece en 2010 para englobar os traballos que Nuria Sotelo aborda sola e en compañía. Entre eles están:
- 2010: Manifesto e Métanse nos seus asuntos (cocreación e dirección de Ana Vallés)
- 2011: Desmemoriada e Usted está aquí (dirección Ana Vallés e interpretación Natxo Montero e Nuria Sotelo)
- 2013: Estado de gracia
- 2014: Silencio por favor
- 2016: Ensaio amor, coproducida polo Festival Alt de Vigo e o Festival Escenas do Cambio. Premiada no certame coreográfico de Madrid
En 2017 gaña o premio Maruxa Villanueva de Interpretación teatral do Concello de Padrón.