in

Iria Pinheiro obtén o XVIII Premio de Interpretación Teatral “Maruxa Villanueva”

IriaPinheiro©OlaiaSendon |
O xurado destaca “a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”. | Foto: Olaia Sendón |

 

O xurado do XVIII Premio de Interpretación Teatral “Maruxa Villanueva”, que se reuniu esta mañá no salón de plenos do Concello de Padrón, acordou por unanimidade concederlle o galardón á actriz Iria Pinheiro Santos, da que destacou “a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”.

Baixo a presidencia da concelleira de Cultura, Lorena Couso, o xurado estivo conformado polos seguintes vogais especialistas no teatro galego: a escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Inma López Silva; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernándes; o dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e membro do Consello Asesor do Centro Dramático Galego, Afonso Becerra Arrojo; o profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da MIT de Ribadavia, Roberto Pascual Rodríguez; e a doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos Comba Campoi García. Actuou como secretaria a animadora social do Concello de Padrón, María Cruz Taboada Álvarez.


Publicidade

En relación coa gañadora, o xurado valorou “a pertinencia do espectáculo Anatomía dunha serea do proxecto berberecheira de Chévere, ante o debate social arredor da violencia obstétrica, así como un proceso de investigación que demostre o sentido comprometido do teatro documentado”. Ademais, destacou que “alén diso, a súa traxectoria amoa unha versatilidade como actriz que, nunha constante reivindicación do cabaret e o teatro cómico, a presenta como unha creadora total comprometida con todas as facetas do teatro”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

licenciada |

Licenciada Sotelo estrea ‘A Gala’ en Ourense

GoldiLibre |

Os tres espectáculos sementados na “berberecheira” de Chévere, en Teo