Lara Hierro en FIOT en pausa

‘Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento’ gaña o Premio do Público do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado

Os asistentes recoñeceron tamén a actriz Iria Pinheiro como Mellor Intérprete desta edición do M2 polo seu papel no espectáculo Croquetas.   O público asistente á cuarta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a programación de creación escénica de novos formatos e de artistas emerxentes do FIOT, escolleu a performance Lara Hierro: Monólogo para […]

O FIOT fai unha pausa no 2020 pero mantén a súa aposta pola creación escénica galega

A 29ª edición do festival non se celebrará, pero a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo propoñen unha programación teatral especial entre os días 9 e 18 de outubro nomeada FIOT en pausa.   “Ás veces, para continuar, cómpre facer unha parada, coller folgos e reiniciar”. O director do FIOT e da Asociación […]

Titiriberia abre hoxe a súa Barraca na Feira de Francos co espectáculo ‘As varietés do Barriga Verde’

O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, continúa hoxe coa súa programación para esta cuarta edición. Na véspera do San Martiño, o festival abrirá a actividade da súa xa habitual Barraca na Feira de Francos. Así, ás […]

Irene Vecchia Pulcinella

Descentralización e recuperación dos monicreques tradicionais no Festival Titiriberia

‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’ estenderá entre o 9 e o 15 de novembro unha programación que inclúe funcións escolares, animación do campo da festa na Feira de Francos, mesas redondas, mostras e cursos de formación para profesionais.   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio […]

O Festival Titiriberia recupera a Feira de Francos como espazo dos monicreques tradicionais

A cuarta edición de Titiriberia, único festival do estado especializado nos títeres tradicionais, celebrarase entre o sábado 9 e o venres 15 de outubro en Teo.   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, celebrará a súa […]

O FETEGA do Carballiño pasa a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada

Inclúe unha ducia de citas con destacadas compañías galegas, ademais de monólogos, animación de rúa, coloquios, obradoiros e a entrega dos premios Dorotea Bárcena.   O Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño anunciou hoxe a súa programación, nunha edición que marca o trixésimo aniversario da súa existencia. A dirección do festival carballiñés rende homenaxe […]

Teatro documento, novo circo e construción da identidade na 35ª Mostra de Ribadavia

Chévere estrea o seu novo espectáculo, Curva España, e Federico Pérez, Santi Romay, e Evaristo Calvo presentan o seu novo proxecto escénico, Acumaser Opus, que estrea un espectáculo baseado en textos de Pinter e Beckett. | Foto: Rosinha Rojo |   A Mostra celebra o seu 35º aniversario cunha declaración de principios: “as dinámicas do […]

Faladoiros arredor da ‘Anatomía dunha serea’ de Iria Pinheiro e a violencia obstétrica

O Club C! de Compostela organiza esta semana dúas actividades vinculadas ás representacións de Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro, que terán lugar o xoves 9 e o venres 10, no Teatro Principal, ás 20:30. Hoxe, martes 7, o Club C! propón unha “entrevista bidireccional”, un diálogo entre María Lado e Iria Pinheiro. Coa autora do […]

Uns María Casares moi repartidos

Os XXIII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Un total de 12 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns nos que se dividen os María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais […]

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle hoxe a gala dos Premios María Casares

Doce espectáculos finalistas compiten polos Premios María Casares. Commedia, de Contraproducións, conta cun total de 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, aspira a 7 galardóns, e A leituga, de Emedous, opta a facerse con 5 trofeos   Os XXIII Premios de Teatro María Casares celebran hoxe xoves 21 de marzo no Teatro […]