in

Compañía Eléctrica estrea ‘Aibō’ en Cangas

Aibo

Será mañá, 27 de febreiro, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal.

No medio da pandemia vén de nacer unha nova compañía, Compañía Eléctrica, onde están Iria Pinheiro e Suso Jalda de xeito permanente e por onde transitan outras artistas, como Areta Bolado (música e actriz), Paulo Pascual (músico) e Ailén Kendelman (música e actriz) nesta primeira peza, Aibō. A montaxe, que se estrea mañá, sábado 27 de febreiro, en Cangas, no Auditorio Municipal, é para todos os públicos, a partir dos tres anos, aínda que Compañía Eléctrica quere no futuro alternar o teatro familiar co teatro para persoas adultas.

Aibō en xaponés significa compañeira/o, a palabra que coidaron que mellor se axustaba para definir esta fábula moderna inspirada na Carapuchiña Vermella. Nela amósase unha visión diferente do conto popular que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós.

A historia está creada partindo do Kishōtenketsu, unha técnica narrativa oriental que ten una estrutura en catro actos en que se amosan eventos que en aparencia non teñen relación, pero a suma deles forma un todo que os transcende. Esta técnica parte da contemplación do universo, de entender como é e de aceptalo sen máis.

Aibō, de Compañía Eléctrica

Actrices: Areta Bolado e Iria Pinheiro-Santos.

Voz en off: Ailén Kendelman.


Publicidade

Música: Paulo Pascual Castro (modulador de ondas).

Técnica: Suso Jalda.

Vestiario: Compañía Eléctrica e Sandra Pérez.

Idade: A partir dos 3 anos.

Duración: 40 min.

Aibo Compania electrica 2 |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Estrela do día 4

Excéntricas estrea ‘Estrela do día’ na Coruña

Estoxo con obras de Xohana Torres de Engaiolarte

Engaiolarte recupera o teatro de Xohana Torres