O Festival Vigo Bruto nace en 2011 coa vocación de apoiar a compañías ou creadores emerxentes, galegos e de creación contemporánea.
O apoio do Festival Vigo en Bruto facilita:
- Que cada compañía teña dous ou tres días de residencia artística e técnica (de 10:00 a 16:00), se así o require.
- Teatro Ensalle ofrece asesoramento técnico se fose necesario.
- Teatro Ensalle facilita a posibilidade de que a compañía, nestes días, poida levar a cabo a realización tanto do vídeo como das fotografías da peza, necesarias para a súa posterior distribución.
- Tres días dentro da programación estable do Teatro Ensalle.
- Difusión en medios de comunicación, redes sociais e web do Teatro Ensalle.
- Asesoramento para a posterior distribución das pezas na medida das posibilidades do Teatro Ensalle e en función do resultado da experiencia.
- Condicións económicas: 300 euros fixos ou 50% de billeteira nos casos en que este supere esa cantidade.
Requisitos
- Dossier da peza ou, no caso de estrea, do proxecto artístico.
- Curriculum dos participantes.
- Fotografías. No caso de estrea, algunha fotografía dos ensaios.
- No caso das pezas xa estreadas, un vídeo (e especificar en que lugares foron representadas); nas pezas non estreadas, video do proceso.
Prazo de presentación de solicitudes
Do 14 de Febrero ao 6 de Marzo de 2019
Presentación de solicitudes
Vía correo electrónico a [email protected]
(indicando no asunto Propostas Festival Vigo en Bruto 2018)