in

Paula Pereira crea o trofeo dos Premios María Casares que substitúe as xerras de Sargadelos

premiomariacasares |
A Xunta Directiva da AAAG encargoulle o deseño á artista, ceramista e ilustradora Paula Pereira, cuxo traballo é tamén coñecido baixo a marca Cavalinho do Demo, tras consultar diversas propostas. Os novos trofeos entregaranse por vez primeira na gala dos María Casares, que se celebra este ano o xoves 21 de marzo na Coruña.

Os Premios de Teatro María Casares, organizados dende 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), xa teñen novos trofeos para entregarlles ás persoas gañadoras nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns. A ceramista Paula Pereira é a encargada de deseñar o novo trofeo, que substituirá nesta vixésima terceira edición as tradicionais xerras de Sargadelos. A Xunta Directiva anunciou o pasado mes de decembro a súa intención de prescindir das tradicionais figuras co rostro de María Casares asinadas por Sargadelos debido as decisións empresarias e as declaracións ao respecto da acción sindical da actual dirección do grupo. Deste xeito, iníciase unha nova etapa nos Premios María Casares, que neste 2019 celebrarán a súa gala de entrega o vindeiro xoves 21 de febreiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Paula Pereira foi a escollida pola Xunta Directiva da AAAG tras consultar a diversos creadores e meditar sobre as diferentes propostas que lle chegaron á Asociación. De todas elas, a asinada por Paula Pereira foi a escollida. A artista ofrece no novo trofeo unha interpretación da faciana de María Casares, na que a construción da peza parte dun achegamento artístico á súa mirada para crear unha suxestiva figura, na que destacan as cores azuis no esmaltado.

 

Publicidade

Paula Pereira

Paula Pereira (Arcade, 1986) é deseñadora, ilustradora e ceramista. Estudou Bellas Artes en Pontevedra e en 2014 creou o seu propio selo, Cavalinho do Demo. Pereira xa creou galardóns para destacados premios e certames da cultura galega. É o caso do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra e Urco Editora. Ademais, asina as pezas conmemorativas dos premios de Fornelos de Montes: O Premio Lueiro Rey de Xornalismo e o Manuel Lueiro Rey de Poesía. Tamén confecciona os galardóns da Deputación de Pontevedra e a súa Gala da Lingua.

A gala dos Premios María Casares celebrarase o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Xusto un mes, o xoves 21 de febreiro, daranse a coñecer as montaxes e profesionais que aspiren ás catorce categorías nas que se dividen os galardóns na tradicional Festa de Finalistas que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia, en Santiago.

Os Premios de Teatro María Casares, organizados dende 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, contan co patrocinio de institucións e entidades como o Concello da Coruña, da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE ou a Fundación SGAE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ensallefachada |

Convocatoria para o Festival Vigo en Bruto 2019

mitribadaviapublico |

Convocado o XIV Premio Abrente para Textos Teatrais