in ,

Aberta a inscrición para a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

theater 1477670 1280 |

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende fomentar a cultura nas artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado e na que poden participar todas as compañías/grupos de teatro amador de Galicia. O prazo de inscrición pecha este 20 de febreiro.

Os participantes deberán enviar un vídeo en formato DVD/CD do espectáculo completo (lápis de memoria, ligazón web,…) ademais da documentación que se require nas bases. Poderán presentar tantas obras como o desexen das cales só unha poderá ser finalista que será seleccionada por un xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius. Os cinco espectáculos finalistas representaranse os días 23 e 30 de marzo, 6, 13 e 27 de abril distribuídos entre o Auditorio de Baio e o de Zas. A entrega de premios terá lugar o domingo 9 de xuño.

 

Premios


Publicidade

Unha das principais novidades deste ano son os premios, xa que ademais de ampliarse a súa contía haberá unha nova distribución dos mesmos. En total, repartiranse 3.500 euros da seguinte forma:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Os/as interesados/as en participar poden consultar as bases nesta ligazón ou contactar coa organización no enderezo electrónico [email protected].

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FITUniversitario2919 |

Comeza o XXV Festival Internacional de Teatro Universitario

palcoluas |

‘O palco e as lúas’ de Manuel Lourenzo, na Casa-Museo Manuel María