in

‘O palco e as lúas’ de Manuel Lourenzo, na Casa-Museo Manuel María

palcoluas |

Este sábado, 23 de febreiro, ás 20:00, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, Elsinor Teatro presentará O palco e as lúas, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo.

A obra, de unha hora de duración, está composta por catro pezas breves (Zanzíbar, Postulantes, Noite pecha e A terraza), que serán interpretadas polo propio Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarado, Carme Martínez, Xosé Martínez e Xulia Miguel.

Fundado en 1990 como grupo independente e autoxestionado, Elsinor Teatro ten como obxectivo a práctica dun teatro do noso tempo, libre de imposicións e atento a un diálogo fértil cos espectadores. Caracteriza o grupo a exploración de linguaxes, tanto do punto de vista literario ou actoral, canto do puramente escénico. Na súa historia, o grupo tivo dúas etapas: a primeira, do 1990 ao 1998, e a segunda, do 2013 ao momento actual. En ambos os dous casos, abunda na produción de formas breves de teatro, con poucos intérpretes e linguaxes innovadoras.

Publicidade

As persoas interesadas en asistiren (entrada libre até encher o aforo) poden reservar o billete en [email protected] ou chamando ao tel. 698177621

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theater 1477670 1280 |

Aberta a inscrición para a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

SalónTeatroOFurancho01 |

‘O furancho’ de Ibuprofeno Teatro, no Salón Teatro de Compostela