Este sábado, 23 de febreiro, ás 20:00, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, Elsinor Teatro presentará O palco e as lúas, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo.
A obra, de unha hora de duración, está composta por catro pezas breves (Zanzíbar, Postulantes, Noite pecha e A terraza), que serán interpretadas polo propio Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarado, Carme Martínez, Xosé Martínez e Xulia Miguel.
Fundado en 1990 como grupo independente e autoxestionado, Elsinor Teatro ten como obxectivo a práctica dun teatro do noso tempo, libre de imposicións e atento a un diálogo fértil cos espectadores. Caracteriza o grupo a exploración de linguaxes, tanto do punto de vista literario ou actoral, canto do puramente escénico. Na súa historia, o grupo tivo dúas etapas: a primeira, do 1990 ao 1998, e a segunda, do 2013 ao momento actual. En ambos os dous casos, abunda na produción de formas breves de teatro, con poucos intérpretes e linguaxes innovadoras.
As persoas interesadas en asistiren (entrada libre até encher o aforo) poden reservar o billete en [email protected] ou chamando ao tel. 698177621