in

A compañía Ensalle, presenta ‘Arar’, esta fin de semana, en Vigo

ArarEnsalle |

Tras case seis meses da estrea de Arar en Vigo e unha xira, a compañía Ensalle regresa esta fin de semana á casa, o Teatro Ensalle, onde volverá a compartir co público a súa última creación. As funcións serán o venres 15 e o sábado 16 ás 22:00 e o domingo 17 ás 21:00.

O traballo, enmárcase no contexto de Canchales; unha iniciativa para a investigación escénica iniciada en 2016 pola compañía, a partir da cal invitan a creadores da escena contemporánea a participar nos procesos de creación, posibilitando experimentar camiños comúns e afondar en ideas desde distintas perspectivas.

No proceso de Arar, a compañía traballou co actor Juan Loriente e o escritor, editor e director de escena Antonio Fernández Lera en dous momentos ou fases distintas do proceso.

As compañías El canto de la cabra, Cambaleo Teatro e a bailarina e coreógrafa Mónica Valenciano (Premio Nacional de Danza 2012 na modalidade de Coreografía), son outros dos artistas que participaron do proxecto Canchales nos procesos das dúas montaxes anteriores á que se poderá ver esta fin de semana no Teatro Ensalle.

 


Publicidade

Sinopse
“A idea es precipitar o que non se di, o que non se fai. O tránsito, o camiño, a precipitación coa súa velocidade e o seu ruído e a súa desorde, a elección dos obxectos deitado polo tubo, a escena cambiante.”

 

Ficha

Elenco: Raquel Hernández, Artús Rei e Pedro Fresneda
Dirección e texto orixinal: Pedro Fresneda
Proceso compartido con: Juan Loriente (Canchales IV) e Antonio Fernández Lera / Margrinyana (Canchales V)
Iluminación e Espazo Sonoro: Pedro Fresneda
Fotografía: Bieto Rei, Elena Vázquez, María Costa

Texto editado por Colección Pliegos de Teatro y Danza, AFLERA. Nº66

Unha peza creada a partir do texto Arar de Pedro Fresneda e as colaboracións artísticas con Juan Loriente en Canchales. Parte IV. (Juan) e con Antonio Fernández Lera e Magrinyana en Canchal. Parte V (Antonio F.  Lera y Magrinyana).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

books 1245690 1280 |

Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego na categoría ‘Teatro’

ColonZ5 |

Convocado o XIX Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais