in

Convocado o XIX Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais

ColonZ5 |

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria do XIX Premio“Rafael Dieste” de Textos Teatrais. O Premio, dotado con 6.500 euros, convócase cada dous anos dende 1999 e é un dos que goza de máis prestixio entre os convocados en Galicia. O prazo de presentación remata o 5 de abril.

A seguir, reproducimos as bases:

 

BASES

Primeira.-
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a éste, e que presenten obras de teatro escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

Segunda.-
Establécese un premio dotado con 6.500 €, que poderá quedar deserto e ser concedido con carácter ex aequo. Neste caso, o seu importe repartirase proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas.
Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses, que se contarán dende a data da concesión do premio, os dereitos de editala/s e de representala/s. Ademais entregará á/s persoa/s gañadora/s trinta exemplares.

A Deputación, nos dezaoito meses seguintes á data da decisión do premio desenvolverá un procedemento para a selección de propostas e garantir a montaxe e a representación da/s obra/s premiada/s por parte dunha compañía teatral galega, sen que isto supoña compensación complementaria ningunha para a/s persoa/s autora/s.

Terceira.-
O tema e a extensión da/s obra/s será libre.

A presentación realizarase, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XIX Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais, título da obra e o lema ou pseudónimo do/a autor/a; o tratamiento de texto será Word, OpenOffice ou PDF.

No caso de optar pola presentación en papel, a obra será presentada por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademais deberán estar numerados, grampados ou encadernados.

A presentación realizarase baixo o sistema de plica, polo que a obra será enviada achegada dun sobre á parte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo do/a autor/a; no seu interior incluirase a documentación seguinte:

  • copia do documento de identidade
  • o enderezo, un teléfono de contacto, un correo electrónico
  • un breve currículo
  • declaración de que a obra é inédita e que non foi premiada, até a data de presentación, en ningún outro certame ou premio
  • un escrito no que manifeste a súa conformidade coa cesión dos dereitos de edición da obra (incluídos os de publicación, distribución e explotación) por un prazo de dezaoito meses desde a data da concesión do premio
  • declaración de consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude para a participación no XIX Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais, de conformidade co establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e de garantía dos dereitos dixitais.

 


Publicidade

O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 5 de abril de 2019.

As obras enviaránse á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XIX Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais.

Quinta.-
O xurado estará presidido pola persoa que ocupe a Presidencia da Deputación ou persoa en que delegar e formarán parte del cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito no eido teatral e literario galego, nomeadas por ela. As funcións de secretaría exerceraas o secretario da Corporación, ou a funcionaria ou funcionario en que delegar.

A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación (www.dacoruna.gal), co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

Sexta.-
As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.

O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art.17 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de rexime xurídico do Sector Público.

As deliberacións serán secretas e delas será redactada a acta correspondente.

Sendo un dos obxectivos deste concurso a representación da obra premiada, serán valorados positivamente os facto- res que incidan na súa viabilidade escénica: número de personaxes, condicións técnicas, etc.

O xurado presentará a súa proposta ao presidente da Deputación, que é o órgano competente para conceder o premio.

A decisión do xurado terá lugar no segundo trimestre de 2019 e será dada a coñecer a través do taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación.

Se hai finalista, a plica correspondente á obra poderá ser aberta pola persoa que exerza a secretaría do xurado co fin de que, se a persoa autora o permite, poida darse a coñecer o seu nome.

Sétima.-
Non se devolverán os orixinais non premiados que, a partir do día seguinte á decisión do xurado, serán destruídos.

Oitava.-
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

Novena.-
Os datos subministrados teñen a finalidade de poder tramitar esta convocatoria e están protexidos pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. O responsable do tratamento dos datos é a Deputación Provincial da Coruña,e o encargado será a empresa contratada pola Deputación Provincial para coordinar o premio, no caso de se contratar. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais contidos nesta solicitude é o consentimento que o asinante outorga á Deputación Provincial coa súa firma. No caso de que sexa denegado o con- sentimento para o tratamento dos datos persoais, non poderá presentarse ao premio por imposibilidade de tramitación da solicitude. O destinatario dos datos é a Deputación Provincial que non cederá datos a terceiros, salvo obriga legal. Os datos facilitados conservaranse ata a finalización da tramitación da convocatoria. As persoas que participen na convocatoria teñen os dereitos a acceder, rectificar ou suprimir datos erróneos,solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Estes dereitos poderán exercerse perante as oficinas centrais da Deputación sitas na Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña ou ben a través de medios electrónicos, dirixindo un correo ao enderezo [email protected]. Pode consul-tar a política de privacidade da Deputación na dirección www.dacoruna.gal/avisos/politica-privacidade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ArarEnsalle |

A compañía Ensalle, presenta ‘Arar’, esta fin de semana, en Vigo

PresentacionMC2019 |

Os María Casares contarán cunha “gala de época” a través do circo e do clown