in

Os Monicreques de Kukas celebran 40 anos coa estrea de ‘Arlequina’

ArlequinaKukas |

Os Monicreques de Kukas celebran o seu 40 aniversario como compañía e fano estreando Arlequina no Teatro Principal. Será este xoves 28 de marzo, ás 20:30, e repetirán función para público familiar o venres 29 e o sábado 30, neste caso ás 18:30.

Arlequina é un espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de monicreques e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequina, á procura da súa identidade, contando para iso coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro.


Publicidade

Con este espectáculo créanse sinerxías de colaboración e creación con e entre diferentes artistas que nos últimos anos teñen traballado nos espectáculos de Os Monicreques de Kukas e que, ao mesmo tempo, manteñen liñas de traballo propias, como Zoar Ensemble, Teatro de Marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urruzola, para coa súa achega propia e baixo a dirección escénica e artística de Isabel Rei e Marcelino de Santiago, crear un espectáculo cunha posta en escena moi coidada tanto dende o punto de vista dos recursos plásticos como dos musicais, sonoros, luminosos, técnicos e escénicos co que celebrar e festexar o 40 aniversario da compañía.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PresentacionCongreso |

Compostela acollerá en 2020 o I Congreso Internacional do Teatro Galego

Redondela2019 |

O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebrarase do 13 ao 19 de maio