in

O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebrarase do 13 ao 19 de maio

Redondela2019 |

Un total de 31 compañías de Perú, Bélxica, Francia, El Salvador, Arxentina, República Checa, Madrid, Cataluña, Aragón, Castela-León e Galicia compoñen o cartel da 20ª edición do XX Festival Internacional de Títeres de Redondela que se desenvolverá do 13 ao 19 de maio. Xunto coa campaña escolar, a programación de sala e de espectáculos na rúa, a estrutura habitual verase reforzada e enriquecida por un maior número de espectáculos itinerantes e concertos familiares.

Máis de 500 compañías actuaron en Redondela dentro do evento organizado pola Asociación Xente Titiriteira. Coa intención de agradecer o seu compromiso ao longo das dúas décadas de vida do FIT, a organización fixo chegar ás entidades colaboradoras os seus Teatriños Conmemorativos. De igual modo, nesta edición lanzouse tamén o concurso “Cae de Caixón” para o que o público terá que sacar 4 selfies con outros tantos teatriños e subilas ás redes do festival. O gañador será escollido por un xurado composto por 3 persoas de prestixio cultural e recibirá como premio un lote de dúas camisetas, un teatriño e dúas entradas para todos os espectáculos de sala da vindeira edición do festival.


Publicidade

Por outra banda, desde o 27 de marzo e ata o 17 de abril está aberto o prazo para solicitar un posto no Mercadiño Titiriteiro 2019 que dende hai anos conforma unha cita ineludible para os creadores da comarca. Ao longo deses 20 días, todas as asociacións e entidades que queiran participar deberán enviar información do posto por correo electrónico. As bases completas poden consultarse no Facebook do Festival.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ArlequinaKukas |

Os Monicreques de Kukas celebran 40 anos coa estrea de ‘Arlequina’

TheIsland |

‘The Island’: teatro de Burkina Faso no Rosalía de Castro da Coruña