in

‘The Island’: teatro de Burkina Faso no Rosalía de Castro da Coruña

TheIsland |

Coincidindo co Día Mundial do Teatro, o Teatro Rosalía de castro da Coruña programa a representación de The Island, que se enmarca dentro do Festival Nómade de Cultura Africana Harmatán. A Coruña será un dos tres municipios do Estado, xunto con Murcia e Móstoles, nos que se poderá gozar deste espectáculo, que estará acompañado, ademais da función teatral da compañía Deux Temps Trois Movements, de Burkina Faso, dunha completa programación con peza de danza, charla e proxección cinematográfica.

Esta obra recrea unha historia real sobre a experiencia do autor Athol Fugard e a súa compañía de teatro surafricana “Serpent Players”, creada en 1973 por artistas negros.

Durante os ensaios de Antígona foron detidos e encarcerados no penal de Robben Island na época do apartheid. The Island conta esta historia a través de dous prisioneiros condenados a traballos forzados que comparten cela. Pasan os seus días realizando duros traballos na canteira e as noites ensaiando Antígona de Sófocles para representala fronte aos demais presos. A obra traza paralelismos entre a historia de Antígona e a dos presos políticos negros, nunha posta en escena onde o drama e o humor serven de ferramenta para contar unha historia de resistencia a través da arte.


Publicidade

A Compañía Deux Temps Trois Mouvements, procedente de Burkina Faso, conta coa dirección artística de Hassane Kassi Kouyaté e The Island, o seu espectáculo máis representado, coa súa dirección e interpretación. Trátase dun pioneiro do teatro africano que compartiu experiencias creativas ao longo do seu percorrido creativo con artistas da categoría de Peter Broook.

The Island é unha peza teatral divertida e conmovedora. Esta representación enmárcase dentro do proxecto HARMATÁN (Festival Nómade de Cultura Africana), un festival que recala na Coruña cunha mostra do seu teatro, danza, cinema e pensamento, unha das tres cidades do Estado no que se poderá gozar deste festival xunto con Murcia e Móstoles. A idea orixinal deste festival itinerante é da produtora canaria Unahoramenos e a idea nace ao amparo da celebración do encontro cultural MAPAS 2017.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Redondela2019 |

O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebrarase do 13 ao 19 de maio

Marmuradores |

O Festival Atlántica pecha a súa sétima edición batendo récords