Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Etiqueta: Festival Internacional de Títeres de Redondela
Máis de 25 actividades para a fin de semana no Festival de Títeres de Redondela
O Museo Carallás, unha mostra pictórica de oito pezas de artistas redondeláns sobre o mundo dos títeres, xa se pode visitar na Alameda. O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) chega á súa recta final con máis de 25 actividades para esta fin de semana. Monicreques nas rúas, en sala e […]
Comeza o Festival de Títeres de Redondela
Todas as localidades para as funcións de sala están vendidas, ao igual que as de rúa, que por primeira vez e debido á COVID-19, foron necesarias para controlar os aforos. O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arranca este martes coa súa edición máis especial e con todas as entradas esgotadas, […]
Os escaparates de Redondela mostran unha exposición sobre Os monicreques de Kukas
Os monicreques comezan a tomar as rúas da vila coa exposición de Kukas, que expón as súas mellores pezas nos escaparates de dez comercios. O XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) comeza a encher as rúas de monicreques coa exposición ‘Os monicreques de Kukas’. Nesta edición tan especial, a tradicional […]
O Festival de Títeres de Redondela adíase ata setembro
A Asociación Xente Titiriteira, organizadora do Festival Internacional de Títeres de Redondela, vén de facer público un comunicado no que informa de que a súa XXI edición celebrarase do 1 ao 6 de setembro. Malia que o Festival se desenvolve habitualmente en maio, a pandemia do COV-19 obriga a adiar o festival a setembro. Os […]
O Festival de Títeres de Redondela pecha con 30 actuacións
A xornada arrancará coa ruada participativa ‘Redondela é un conto’ dende a Portela, na que se anima ao público a vir disfrazado de personaxe fantástico. O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) clausurará esta 20ª edición cunha xornada chea do mellor teatro de monicreques polas rúas e prazas da vila. A […]
Quince compañías internacionais enchen Redondela de Títeres este sábado
A programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela refórzase este sábado con máis espectáculos itinerantes e música con compañías de El Salvador, Arxentina, Bélxica, Euskadi, Cataluña, Castela e León e Cantabria. O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) desprega hoxe sábado un completo programa con 25 actividades a cargo […]
O Festival de Títeres de Redondela celebra o Día das Letras con 25 espectáculos
As rúas da vila acollerán tres concertos, representacións de monicreques, espectáculos itinerantes e a sesión golfa de Theatre Jaleo. O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebra o Día das Letras Galegas cun extenso programa composto por 25 actividades en todos os recunchos da vila, e que inclúe espectáculos itinerantes, funcións de rúa, […]
Comeza o programa de rúa no FIT de Redondela
Ocelot Teatro abre as funcións de rúa con Dondésh y Pitón na Praza do Concello e Theatre Jaleo abre o seu teatro portátil na explanada da Depuradora. O Festival Internacional de Títeres de Redondela arranca este xoves a programación de rúa para celebrar o seu 20 aniversario, cun ‘especial vésperas’ na Praza do Concello que […]
Máis de 60 actividades e 30 compañías no Festival de Redondela
Un total de 30 compañías de Perú, Bélxica, Francia, El Salvador, Arxentina, República Checa, Madrid, Cataluña, Euskadi, Aragón, Castela e León e, por suposto, Galicia, compoñen o cartel deste ano. O Festival Internacional de Títeres converterá a Redondela no escenario de máis de 63 representacións teatrais a cargo de 30 compañías chegadas de todas […]
Os títeres de Redondela cumpren vinte anos
Trinta e unha compañías chegadas de lugares como Arxentina, Perú, Portugal, Dinamarca, Francia, Bélxica a República Checa e, por suposto, Galicia, serán parte do programa con que o Festival de Títeres de Redondela celebra a súa vixésima edición, do 13 ao 19 de maio. Xa van 20 anos dende que a Asociación Xente Titiriteira arrancou […]
O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebrarase do 13 ao 19 de maio
Un total de 31 compañías de Perú, Bélxica, Francia, El Salvador, Arxentina, República Checa, Madrid, Cataluña, Aragón, Castela-León e Galicia compoñen o cartel da 20ª edición do XX Festival Internacional de Títeres de Redondela que se desenvolverá do 13 ao 19 de maio. Xunto coa campaña escolar, a programación de sala e de espectáculos na […]
Xa se coñece o programa do XIX Festival de Títeres de Redondela
A XIX edición do Festival Internacional de Títeres “Juanjo Amoedo” encherá as prazas e rúas da vila do mellor teatro de monicreques do mundo do 14 ao 20 de maio. Un total de 26 compañías da máis variada procedencia comporá o programa deste ano, que inclúe campaña escolar, programación de sala e espectáculos de rúa […]
O XIX Festival de Títeres reunirá en Redondela 26 compañías
Un total de 26 compañías de Perú, Reino Unido, Francia, Dinamarca, Arxentina, Portugal, Cataluña, Andalucía, Castela e León, Murcia e Galicia, compoñen o cartel da 19ª edición que se celebrará entre o 14 e o 20 de maio. A programación comezará coa campaña escolar e de sala, con actividades na rúa o Día das Letras […]
XVIII Festival Internacional de Títeres de Redondela
O Festival Internacional de Títeres de Redondela celebra a 18º edición con 70 funcións a cargo de 26 compañías O Festival Internacional de Títeres de Redondela cumpre 18 edicións, e para conmemorar esta efeméride, o evento cultural máis importante da vila despregará máis de 70 funcións durante a semana do 15 ao 21 […]