A Asociación Xente Titiriteira, organizadora do Festival Internacional de Títeres de Redondela, vén de facer público un comunicado no que informa de que a súa XXI edición celebrarase do 1 ao 6 de setembro.
Malia que o Festival se desenvolve habitualmente en maio, a pandemia do COV-19 obriga a adiar o festival a setembro. Os organizadores, que xa estaban a piques de facer pública a programación –xa cos contratos coas compañías asinados, reservas hoteleiras, billetes…– vironse sorprendidos polo episodio de crise sanitaria.
A Asociación mantén a súa vontade de celebrar a 21ª edición do Festival e confía en que cando pase esta crise “os monicreques serán máis necesarios ca nunca”.
- O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado - 04/05/2026
- PAM convida a celebrar o Día da Danza - 28/04/2026
- O Teatro das Cortes acolle a xornada ‘Onde foi Barriga Verde?’ - 24/04/2026



