in

Os escaparates de Redondela mostran unha exposición sobre Os monicreques de Kukas

ArlequinaKukas |
Os monicreques comezan a tomar as rúas da vila coa exposición de Kukas, que expón as súas mellores pezas nos escaparates de dez comercios.

 

O XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) comeza a encher as rúas de monicreques coa exposición ‘Os monicreques de Kukas’. Nesta edición tan especial, a tradicional mostra sae da sala de exposicións do Multiúsos para encher os escaparates de dez comercios da vila, que acollerán unha escolma dos carteis, monicreques e elementos escenográficos desta histórica compañía galega.

O percorrido polos 40 anos de traxectoria de Kukas poderá verse ata o vindeiro 7 de setembro nas cristaleras de Prize, Barbería Juan Crespo, Fotografía & audiovisual Cal-3, Librería La Imprenta, Foot on Mars, Centroptica, Papelería Moliere, Disco-Tasca e Tien 21. Ademais, o escaparate de CopiCentro renderá homenaxe aos titiriteiros viaxantes do mundo, cun teatriño no interior dunha maleta.

Publicidade

 

Última semana para adquirir entradas para sala e rúa

Debido ao novo modelo organizativo desta edición, froito das limitacións impostas polo COVID-19, será imprescindible acudir con entrada a calquera dos espectáculos do Festival, tanto os de sala como os de rúa, que xa levan máis dun 60% de ocupación. Dende a organización pedimos que só se despracen a Redondela aqueles espectadores que teñan entrada, xa que sen ela non se poderá acceder a ningún recinto (vallado), e dende fóra non será posible ver ningún espectáculo.

As entradas para a programación de rúa, que este ano conta con artistas como Pakolas, Mamá Cabra, Mutis Teatro, Marionetas Trécola ou Mircromina Títeres, entre outros, poderanse adquirir no Multiúsos da Xunqueira ata este venres, en horario de 10h a 14h e cun prezo simbólico de 1€.

As de sala estarán á venda tamén ata o venres no Multiúsos, na billeteira instalada xunto á Pista da Xunqueira (Churrería de Pepe), cun prezo único de 5€. Durante a semana do Festival, do 1 ao 6 de setembro, e para evitar aglomeracións, non haberá venda de entradas.

O programa de man e libreto só se poderá conseguir en formato dixital, tanto na páxina web www.fitredondela.com como nos tablóns repartidos pola vila ou descargándoo cos códigos QR.

 

Cultura segura

Todos os espazos para o público, tanto na sala como na rúa, estarán preadxudicados e con todas as medidas de control de acceso: máscara obrigatoria, control de temperatura, uso de xel, distanciamento, aforos limitados, etc.

Publicidade

O colectivo de Xente Titiriteira cre na necesidade de ofrecer un Festival seguro para que as nenas e nenos podan gozar, un ano máis, da maxia dos títeres, quizáis máis necesaria ca nunca. A Cultura é un espazo seguro e os protocolos queren estar á altura do momento, compaxinando teatro con seguridade e hixiene, loxicamente co compromiso individual e colectivo.

Queremos destacar a boa complicidade con todas as administracións que fan posible a realización desta XXI edición: Concello de Redondela, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia (AGADIC) e Ministerio de Cultura (INAEM).

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

diaz pardo e seoane |

Isaac e o teatro independente, por Manuel Lourenzo

AngelesDeTrapoError404 |

Comeza o Festival de Títeres de Redondela