in

O Festival de Títeres de Redondela celébrase do 1 ao 6 de setembro

contacreques 7 |
O Festival rende homenaxe á compañía Os monicreques de Kukas coa iniciativa ‘Redondela é un escaparate’.

 

Do 1 ao 6 de setembro celébrase o XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela – Memorial Juanjo Amoedo. Máis dunha vintena de propostas nutren o programa de sala e de rúa deseñado pola Asociación Xente Titiriteira para unha edición adaptada para garantir os protocolos derivados da Covid-19. A organización lembra que non haberá venda de entradas durante o Festival e a billeteira anticipada estará dispoñible entre o 18 e o 28 de agosto.

A programación de sala dará comezo o 1 de setembro no Auditorio da Xunqueira con Contacreques, de Eme2 Producións para continuar o mércores 2 de setembro coa obra Error 404, da compañía andaluza Ángeles de Trapo. O xoves 3 de setembro será a vez para a compañía madrileña Cazando Gamusinos con Ay pera, perita, pera! mentres que o venres 4 de setembro a compañía galega Cinema Sticado levará ao auditorio redondelán o espectáculo Pyka.  A arxentina Valeria Guglietti protagonizará a xornada do sábado 5 de setembro con Sombra de cine e Tanxarina Títeres será encargada de pechar o programa de sala con A galiña azul.

Publicidade

Por outra parte, o Festival rende homenaxe á compañía Os monicreques de Kukas coa iniciativa ‘Redondela é un escaparate’. Así, do 22 de agosto ao 7 de setembro diferentes escaparates da vila acollerán cartaces, monicreques e elementos escenográficos que forman parte dos éxitos desta compañía con máis de 40 anos de historia.

Ademais, o programa do FIT de Redondela inclúe a intervención urbana “Museo Carallás”. As artistas Beatriz Blanco, Pilar Fernández,  Chelo Rielo, Ruth Rodríguez, Kiko Amoedo, Ángel Barros, Suso Ben e Xacobe Pérez serán as encargadas de recoller nas súas pinturas a súa visión do mundo do títere, convertendo a Alameda nun Museo de rúa.

De igual modo, a programación de rúa que este ano terá aforo limitado desenvolverase do 3 ao 6 de setembro e contará cun amplo abano de actuacións:

Xoves 3 de setembro:

18.00 horas. Titiricircus, de Tanxarina Títeres no Salgueiral.

19.00 horas. Caperucita Roja, de Tropos Teatro na pista da Xunqueira.

20.00 horas. The Turres Band (música itinerante).

Venres 4 de setembro:

18.00 horas. ¡Es la hora de la cachiporra!, de Le Guignol Orthopédique.

Publicidade

19.00 horas. Caperucita Roja, de Tropos Teatro na pista da Xunqueira.

20.00 horas. Astronauta Sideral, de Uxía Lambona e a Banda Molona na Casa da Torre.

+ a intervención urbana de Os Monifates.

Sábado 5 de setembro:

12.00 horas. Tolitates, de Teatro Marionetas Trécola na pista da Xunqueira.

13.00 horas. Unha armadura con ferruxe, de Títeres Cascanueces no Palco da Música.

17.30 horas. The Turres Band (música itinerante).

18.00 horas. Tolitates, de Teatro Marionetas Trécola na pista da Xunqueira.

19.00 horas. Primera luna llena del niño lobo, de Le Guignol Orthopédique no Salgueiral.

19.30 horas. Brinca Vai!, música a cargo de Paco Nogueiras no Palco da Música.

20.00 horas. Las aventuras de la Intrépida Valentina, de Mutis Teatro na Casa da Torre.

21.30 horas. The Turres Band (música itinerante).

+ as intervencións urbanas de Fadunito Street Arts.

Domingo 6 de setembro:

12.00 horas. A familia unida, de Micromina Títeres no Palco da Música.

12.30 horas. As parábolas de Pakolas, música a cargo de Pakolas no Salgueiral.

13.00. Las aventuras de la Intrépida Valentina, de Mutis Teatro na P. Da Xunqueira.

18.00 horas. A familia unida, de Micromina Títeres no Palco da Música.

18.30 horas. Las aventuras de la Intrépida Valentina, de Mutis Teatro na pista da Xunqueira.

19.00 horas. ¡Es la hora de la cachiporra!, de Le Guignol Orthopédique no Salgueiral.

19.30 horas. Fanfarria Brassica Rapa, música itinerante entre o Concello e a Alameda.

20.00 horas. Eu cociño, ti cociñas?, de Mamá Cabra na Casa da Torre.

21.30 horas. Fanfarria Brassica Rapa, no Balcón do Concello.

+ as intervencións urbanas de Fadunito Street Arts e Troula.

 

Venda de entradas e recomendacións

A organización informa que non haberá venda de entradas durante o Festival e a billeteira anticipada farase no Multiusos da Xunqueira dos días 18 a 21 de agosto e do 24 ao 28 de agosto. O horario de venda de entradas de rúa e camisetas será de 10.00 a 14.00 horas e o horario de venda de entradas de sala será de 10.00 a 13.00 horas. O prezo único da entrada para calquera función de sala é de 5 euros. O prezo único da entrada para calquera función de rúa é de 1 euro. As entradas de rúa venderanse como máximo para 2 representacións por día por unidade familiar.

De igual modo, a organización lembra que é imprescindible para o público asistente o uso de máscara e dispor de entrada en sala e rúa xa que os escenarios de rúa estarán delimitados e con control de acceso. Tamén indican que é moi recomendable  que as persoas tomen a temperatura antes de saír cara ao Festival e que non acudan as persoas con máis de 37 graos. Do mesmo xeito, a organización prega que as persoas que non teñan entrada se informen moi ben antes de desprazarse a Redondela.

Coa intención de manter un Festival seguro para todo o mundo a organización apela á responsabilidade individual e informa que: para calquera función deberase retirar a entrada anticipadamente e usar máscara e xel; deberase acudir ás representacións con marxe de tempo, mínimo 20 minutos antes; o público deberá pasar control de temperatura e aplicar xel; deberase levar máscara sempre;  deberase aceptar a colocación adxudicada pola organización; deberase manter sempre a distancia mínima; e non se poderá acceder ao recinto unha vez comezada a representación.

 

Na imaxe: Contacreques, de Eme2.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tejido Conectivo 1 |

Sólodos celebra unha edición especial de Danza no Claustro

Babae |

A plataforma Aerowaves abre unha convocatoria para coreografía emerxente