in

Sólodos celebra unha edición especial de Danza no Claustro

Tejido Conectivo 1 |
Sólodos organiza o 21 de agosto ás 20.30 horas unha edición especial de Danza no Claustro en Xunqueira de Espadanedo. Mentres fican suspendidas as actividades que anualmente acolle o Claustro de San Francisco de Ourense, o claustro cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo acolle a peza Plena, da compañía madrileña Tejido Conectivo.

 

Miguen Ángel Punzano e Andrea Amor asinan a creación e a interpretación de Plena. Trátase dun espectáculo para todos os públicos de 20 minutos de duración que procura, entre outras cousas, “que se faga eco a danza de todos os corpos” ou “que nos nutra a danza das avoas” e “que nos libere unha danza sen xustificación”.

Tejido Conectivo é unha iniciativa de Miguel Ángel Punzano enfocada á investigación do movemento cunha dobre función: a formación e a promoción da arte escénica. Tejido Conectivo promove a creación de pezas de formato curto, tanto para rúa como para sala, xeralmente en colaboración con outros artistas. A colaboración é o aspecto que mellor define a Tejido Conectivo, mediante a busca e a creación de espazos para o intercambio entre artistas e docentes, entre diferentes disciplinas, espazos, institucións, individuos e colectivos.

Publicidade

 

Danza no Claustro

Dirixida por Maruxa Salas e Erick Jiménez, Sólodos é a plataforma cultural organizadora de Danza no Claustro. A proposta, que desde o ano 2013 se vén realizando anualmente no Claustro de San Francisco de Ourense, ten como obxectivo habitar o claustro con danza.  Así, artistas internacionais e locais desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecemento e experiencia nun espazo histórico-artístico de relevancia e importante para a cidade. Neste 2020 e debido ás circunstancias derivadas da Covid-19 só terá lugar a extensión prevista en Xunqueira de Espadanedo cunha única compañía: Tejido Conectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TiteresCarballiño |

O Carballiño acolle o XII Festival de Títeres do 17 ao 21 de agosto

contacreques 7 |

O Festival de Títeres de Redondela celébrase do 1 ao 6 de setembro