in

A plataforma Aerowaves abre unha convocatoria para coreografía emerxente

Babae |
Foto:KatjaRenner2016
A plataforma Aerowaves abre unha convocatoria para a selección de 20 talentos da coreografía europea emerxente. As persoas seleccionadas na Aerowaves Twenty21 terán a oportunidade de presentar os seus traballos na próxima edición do festival Spring Forward que terá lugar do 6 ao 9 de maio na cidade grega de Elefsina, Capital Europea da Cultura 2021. As candidaturas están abertas até o 16 de setembro. |Foto: Katja Renner|

 

De igual forma, as persoas seleccionadas poderán mostrar o seu traballo en escenarios dos 45 membros que Aerowaves ten en 33 países europeos e entre os que se atopa o Centro Cultural Vila Flor de Guimarães, o Espaço do tempo de Montemor-o-Novo, o Mercat de les Flors ou Paso A 2/Certamen Coreográfico de Madrid. A convocatoria está aberta até o día 16 de setembro ás 12.00 horas e pode ser consultada no web desta rede, onde é posible acceder ao formulario de inscrición.

Todas as candidaturas presentadas teñen a oportunidade de que os socios da rede Aerowaves programen o seu traballo, sexan ou non seleccionadas como artistas de Aerowaves. No caso de ser escollidas dentro de Aerowaves Twenty, a plataforma encargarase de promocionar o traballo e ofrecer cobertura mediática durante un ano. A organización lembra tamén que, no caso de non ser seleccionadas, paga a pena que as persoas volvan concorrer cun traballo diferente cada ano xa que iso pode contribuír a difundir e coñecer o traballo.

Publicidade

Á hora de postular, cómpre ler os requisitos entre os que figuran:

-Ser residente en Europa.

-Presentar un único traballo.

-O traballo enviado debe estar producido en Europa.

-A proposta debe durar entre 15 e 40 minutos.

-A peza debe estar rematada e ter sido presentada en público (non serán elixibles as creacións en proceso nin as imaxes de ensaio).

-A proposta debe ter necesidades técnicas simples.

Ademais, os criterios de selección guíanse por unha serie de ideas como son a de que o traballo é impulsado por unha boa idea e coreografiado coa orixinalidade que esa idea conleva e que ten a capacidade de omitir o superfluo; e estará ben presentado en condicións técnicas limitadas por unha compañía que non teña realizado moitas xiras internacionais e cuxa experiencia poderá verse enriquecida a través de Aerowaves.

Na imaxe: Babae, de Joy Alpuerto Ritter

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

contacreques 7 |

O Festival de Títeres de Redondela celébrase do 1 ao 6 de setembro

MostraCangas19 |

A Agadic fai públicas as axudas a festivais escénicos