in

Xornadas de mediación cultural no Consello da Cultura Galega

|

O martes 9 de abril o Consello da Cultura Galega acolle unha xornada dedicada á animación sociocultural. O evento enmárcase dentro dun ciclo de catro xornadas de Mediación Cultural organizado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG que se desenvolverá nos próximos meses co obxecto de trazar unha panorámica e estimular o debate sobre aquelas disciplinas que se centran en facilitar o acceso da cidadanía á cultura e propiciar a participación cidadá no feito creativo.

A primeira das xornadas, dedicada á animación sociocultural é á cultura colaborativa, ten como obxectivo contrastar os marcos teóricos e as metodoloxías empregadas por ambos enfoques, así como mostrar un abano de boas prácticas. O programa previsto para a sesión do 9 de abril, e que dará comezo ás 16:15, contará co relatorio do profesor Jaume Colomer arredor da análise da xénese e evolución da animación sociocultural no contexto español, e co relatorio do ensaísta especializado en economía cultural Jaron Rowan co obxectivo de afondar nos alicerces teóricos da cultural colaborativa. As dúa intervencións irán seguidas dun debate moderado polo coordinador das xornadas, Marcos Lorenzo. De igual modo, a partir das 19:00, a xornada inclúe unha mesa redonda de boas prácticas coa participación de Alberto García, técnico municipal do concello de Boiro coa intención de revisar a evolución da política cultural dun concello galego de tamaño medio na última década e de Ana Moreiras, directora da festival de cinema escolar Olloboi.

As Xornadas de Mediación Cultural que se desenvolverán nos próximos meses abordarán diferentes liñas de traballo agrupadas en catro eixos: a animación sociocultural, a cultura colaborativa e todas aquelas fórmulas que procuran a participación da cidadanía no feito creativo; o presente e a potencialidade das novas ferramentas e dispositivos dixitais para o achegamento de contidos culturais e artísticos; patrimonio, turismo e centros culturais: a laboración do relato, o deseño de experiencias, as técnicas de programación cultural e a relación cos públicos; medios de comunicación: o papel da prensa, televisión, radio e outras canles como escaparates da oferta cultural dun territorio.


Publicidade

Todas as persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición no seguinte enlace: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200789. A inscrición é gratuíta e as prazas (100) cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marmuradores |

O Festival Atlántica pecha a súa sétima edición batendo récords

APrimeiraVezTaliaCartel |

Talía estrea ‘A primeira vez’ de Michal Walczak