in

Talía estrea ‘A primeira vez’ de Michal Walczak

APrimeiraVezTaliaCartel |

O Teatro Principal da Estrada acolle mañá, 29 de marzo, ás 21:00, a estrea do espectáculo A primeira vez, a cargo da compañía Talía Teatro.

En A primeira vez, Artur Trillo dirixe e versiona ao galego un texto do autor polaco contemporáneo Michal Walczak, un dos expoñentes da nova escena europea. Na peza abórdanse as relacións de parella e a incomprensión desde unha perspectiva traxicómica que reflicte as tensións humanas, con crueldade pero tamén con sentido do humor.

Na interpretación están María Ordóñez e Toño Casais, habituais de Talía Teatro, que dan vida aos protagonistas da obra, Mada e Carlos. A primeira vez conta a primeira relación sexual de ambos. Unha relación na que ela oficia de directora e guionista da historia, quen planea o encontro perfecto, coidado e medido ata o último detalle; e el, que se converterá no seu fiel actor. A infinita repetición e o eterno ensaio pasan a ser o motor da relación.

 


Publicidade

Sinopse

É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta…el e ela confróntanse de novo para trazar o itinerario da súa primeira vez.

Defendida a toda costa por el, sabotada polas constantes saídas de ton dela, querendo e non; un asúmea como feito necesario, oportuno e desexado, pero intranscendente, mentres que a outra ansía unha primeira vez perfecta, resultado dunha decisión moi meditada, ata o extremo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RaxoiCCG |

Xornadas de mediación cultural no Consello da Cultura Galega

theater filephoto |

Agadic convoca axudas para salas escénicas privadas