in

Agadic convoca axudas para salas escénicas privadas

theater filephoto |

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de subvencións a salas privadas de artes escénicas para 2019, que reformula as súas bases respecto ás do ano pasado para engadir a través desta vía o financiamento da programación da Rede Galega de Salas.

Así, este circuíto cultural da Xunta pasará a estar integrado exclusivamente por aqueles locais adxudicatarios desta convocatoria, á que poden optar salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade máxima de 150 localidades que, entre outros requisitos, presenten un proxecto de programación artística para este ano e tivesen acollido un mínimo de 60 representacións durante 2018.

Ao tempo e como en anos anteriores, os gastos de funcionamento das salas (alugamentos, subministracións, persoal contratado etc.) continuarán sendo obxecto desta convocatoria, que incrementa a súa dotación ata 150.000 euros para incorporar ese apoio económico á súa actividade como parte da devandita Rede Galega de Salas e de acordo coas pautas de programación desta.

Cada unha das beneficiarias poderá recibir un máximo de 60.000 euros, tendo como límite o 70% do orzamento do seu proxecto. A adxudicación resolverase de acordo coa avaliación das solicitudes que realizará unha comisión e para a que terá en conta criterios como a antigüidade, a capacidade do local, o proxecto de programación, actividades complementarias ou recursos humanos dedicados ao proxecto.


Publicidade

Mediante esta convocatoria anual, búscase contribuír á estabilidade e á consolidación deste tipo de espazos en Galicia como xeradores dunha destacada actividade arredor das artes escénicas. As persoas físicas ou xurídicas xestoras destas salas teñen de prazo ata o 29 de abril para presentar as súas solicitudes xunto coa documentación requirida, que debe incluír o seu proxecto de programación e o plan económico-financeiro para 2019. As bases poden consultarse no seguinte enlace do DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190328/AnuncioG1097-150319-0001_gl.html

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

APrimeiraVezTaliaCartel |

Talía estrea ‘A primeira vez’ de Michal Walczak

PlattaZamora |

Zamora acolle o Festival de Teatro Transfronteirizo os días 29, 30 e 31 de marzo