O Salón Teatro de Lalín acolle este domingo, 31 de marzo, a estrea de Contos ao pé da cama, da compañía lalinense Viravolta Títeres. A representación será a partir das 18:00 horas e, cun prezo de 3 euros, a beneficio da asociación Aspadeza.
Contos ao pé da cama é un espectáculo de monicreques sobre “os fantásticos soños de Emo. Soños cheos de humor, de perigos, de sobresaltos, de monstros e, tamén, de aventura”. A obra está dirixida aos máis pequenos e combina distintas técnicas de manipulación de marionetas: de varas, de sombras e títeres de luva.
A obra pretende incidir no problema dos residuos e concienciar sobre a necesidade de reciclar.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



