in

Touro acolle o IX Festival Galego de Teatro Escolar

teatro0987637 |
Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Touro, Laxe, Compostela, Palas de Rei e A Estrada).

 

O Festival de teatro escolar está organizado pola ANPA do CPI de Touro e conta coa colaboración do Concello de Touro, o grupo As Nenas do Sapo Dourado, Loxo; a Asociación Cultural A Pinguela de Bama e a Banda de Música Isabel II de Touro. Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Touro, Laxe, Compostela, Palas de Rei e A Estrada).

O programa do Festival é o seguinte:


Publicidade

  • Roteiro teatral, musical e poético ás 11:00 horas na aldea de Brandelos, protagonizado polo alumnado do CPI de Touro e polos grupos As nenas do Sapo Dourado, A Pinguela de Bama e nais do alumnado. Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogos.
  • Ás 13:00 horas, na Casa de Cultura de Touro, a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, A Escola Municipal de Teatro de Laxe, A Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, “Avelaíñas Teatro” e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas porán en escena o espectáculo Vogando nos contos. Trátase dun espectáculo de creación colectiva que se vertebra sobre un concepto da educación como ferramenta imprescindible na realización plena do ser humano a través de valores como o diálogo, a tolerancia, a paz, a humildade, o respecto… Como peche a este espectáculo actuará a Banda de música Isabel II de Touro.

O Festival permite que o alumnado das cinco aulas de teatro interactúe e propicia que amose o traballo realizado durante o Curso teatral 2018/19 nas cinco localidades; ademais de integrar a persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral. Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o día 8 de febreiro no Teatro Principal de Ourense e continuará en Palas de Rei, Compostela, A Estrada, Laxe, Bologna, Florencia e Pisa.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

SesionContinuaBucanero |

Bucanero Teatro estrea ‘Sesión continua’ en Vigo

ViravoltaPeDaCama |

Viravolta estrea ‘Contos ao pé da cama’ en Lalín