in

O CCVF de Guimarães dedica o Día da Danza a Merce Cunningham

NotAMomentTooSoonCarlson |
No mes do centenario do nacemento de Merce Cunningham, o Centro Cultural Vila Flor (CCVF) de Guimarães celebra o Dia Mundial da Danza, o 29 de abril, co espectáculo Not a moment too soon, solo interpretado por Trevor Carlson, o último director da compañía de Cunningham. Este será o cumio dunha semana de celebración que inclúe un programa de formación para escolas de danza, un ensaio aberto do espectáculo, unha conversa con Trevor Carlson e a proxección de filmes feitos polo coreógrafo nos últimos anos de vida. | Foto: Yoana Miguel |

 

Not a moment too soon é o espectáculo escollido polo Centro Cultural Vila Flor para conmemorar o Día Mundial da Danza, o 29 de abril. Trevor Carlson, amigo íntimo e director executivo da compañía de Merce Cunningham, reflicte sobre os 12 anos que pasou co coreógrafo, ofrecendo unha singular mirada sobre os últimos días do icónico creador. Repleto de imaxes inéditas de Merce Cunningham, Not a moment too soon é un espectáculo multidisciplinar, que integra danza, texto, música e vídeo, sobre unha xornada partillada e momentos preciosos que Trevor Carlson acompañou. Unha memoria sobre como, ano tras ano, Cunningham continuou a crear novas pezas até ao último suspiro. A través de paneis de proxección pendurados na escena e do recurso a outras ferramentas audiovisuais, Trevor Carlson permítenos entrar nos últimos días de vida do mestre.


Publicidade

Not a moment too soon preséntase ás 21:30 do día 29 de abril no Grande Auditório do CCVF, mais a semana anterior tamén será de celebración. De luns a sábado, 22 a 27 de abril, o CCVF promove un workshop sobre o Método Cunningham con escolas de danza de Guimarães, que rematará cun ensaio aberto do espectáculo, ás 17:00, no palco do Grande Auditório. O domingo, día 28, ás 17:00, o Pequeno Auditório proxectará filmes feitos polo coreógrafo nos últimos anos de vida, seguidos de unha conversa com Trevor Carlson, cuxa entrada é libre.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

SGAE3 |

Convocatoria de textos en galego para o ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE

LaDesnudez04 |

Daniel Abreu xira por Galicia con ‘La desnudez’