in ,

Zas entregou os seus premios de Teatro Afeccionado

LabartaPose2019 |

Este domingo entregáronse os premios da IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”. A cita, que pecha dous meses de encontro cunha ampla mostra de grupos do teatro afeccionado galego, coincidiu coa clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil, dirixida por Marco Álvarez e Pablo Soto, na que os nenos e nenas interpretaron cinco obras de teatro.

Ao certame presentáronse 43 obras presentadas e o xurado (formado por Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura en funcións; Fidel Otero Pazos, técnico do Concello de Zas; Ricardo Vigueret Gil, membro do grupo de Teatro Badius; Alberto Villar López, membro do grupo de Teatro Badius e Pablo G. Soto Videla, membro do grupo de Teatro Badius) tivo que escoller 5 finalistas. Finalmente, Insania, Chicago e 2010 foron as grandes triunfadoras.


Publicidade

O palmarés quedou como segue:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma): Insania, da Agrupación Teatral Mariñán
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma): Chicago, do Grupo de Teatro Ultreia
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma): O Xogo de Versalles, de Gargallada Teatro
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma): 2010, de Sen Cancelas Teatro
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma): Bolboretas, a vinganza, de Pinchacarneiro Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma): 2010, de Sen Cancelas Teatro
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma): Juan J. Váquez, pola súa interpretación na obra Insania, da Agrupación Teatral Mariñán
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma): Almudena Martínez Gálvez, pola súa interpretación na obra Chicago, do Grupo de Teatro Ultreia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DuasDonas09 |

Ampla variedade de estilos na segunda xornada de Galicia Escena Pro

EmpapeladoAmarelo08 |

As estreas protagonizan a terceira xornada de Galicia Escena Pro