in ,

Comezou o Circuíto de Teatro Amador Buxiganga da Deputación de Lugo

|

O programa de teatro afeccionado Buxiganga, da Deputación de Lugo, celebra a 11ª edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. O programa cumpre o obxectivo de dinamizar cultural, social e economicamente os concellos da provincia de Lugo, especialmente os do rural.

Nesta nova edición do Buxiganga achégase o teatro afeccionado a 52 Concellos da Provincia cun total de 114 funcións nas que participarán 370 actores e actrices. No programa poden participar as agrupacións de teatro, encargadas da representación das obras, así como os concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que poden solicitar a celebración destas actuacións.


Publicidade

Participarán 38 grupos de teatro da provincia:

  • Alfoz: Grupo Humorístico Trípode, O Muro.
  • Baralla: A Rabela Teatro, As Consultas Do Doutor Baldomero Bautista.
  • Barreiros: Colectivo Cultural Ollomao, Enciclopedia Álvarez.
  • Burela: O Torques, Cena familiar.
  • Castro de Rei: Os Baluros, Menciñeiro á forza; Os Trocos, Unha noite de primavera sen sono.
  • Cervo: A Mariña, O gardián da árbore dos desexos; Ardora, O silencio do badal; O Bordelo, Toluras de proveito.
  • Chantada: Argalleiras de Teatro, O feitizo; Sacarina, Madialeva; Centro Teatral Faro-Miño, Sintrón nin són.
  • Foz: A Adala, Comeza a función; A Adala infantil, Que cousas pasan no camiño; O Batán, Bicos de vinagre; O Centiño, El Guindilla; Pico do Castro, Matías está tolo; Axóuxeres, Un divorcio no pobo; Touporroutou Teatro, Comedia bífida.
  • Lugo: Nova Escena Teatro, As fillas de Eva; Os Palimoquiños, Borralliña; Os Pinchacarneiros, O Lazarillo do Miño; Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde, O achado do Castro; Curuxan Teatro Impro, Improvincia; Grupo de Teatro Down, Soños; Hipócrita Teatro, Hotel Desencanto; Ti e máis Eu Teatro, A meiga no palleiro do galo castiñeiro.
  • Monforte: Grupo de Teatro Viraventos, Sucesos; Teatreiras, Pros e Contras.
  • Monterroso: Escola de Teatro Falcatrueiros, G-13.
  • As Nogais: Asociación Cultural Abrente, As pastillas de Farruco.
  • Palas De Rei: Alentía Teatro, No berce dos contos; Metáse Teatro, Na procura dun traballo.
  • Pontenova: Lume Escénico, Noite de Reis.
  • Ribas De Sil: Grupo de Teatro Augas do Sil, Princesa busca pretendente.
  • Sarria: Rebuldeira Teatro, Delicadas.
  • Viveiro: Obra Viva, Casa Macho.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fiotm2 2019 |

Aberto o prazo de inscrición para o III Certame de Microteatro M² do FIOT de Carballo

VoadoraHemosVenidoADarloTodo2 |

Teatro documento, novo circo e construción da identidade na 35ª Mostra de Ribadavia